A praia de Mourisca ou praia do Matadoiro é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dun areal semiurbano que conta cunha extensión aproximada de 90 metros.

Localización e acceso A praia está situada na parroquia viguesa de Alcabre, concretamente na beira esquerda do Museo do Mar de Galicia. O areal está conectado coa praia de Fontes mediante un sendeiro peonil. Pode chegarse á praia de Mourisca desde a avenida da Atlántida e tamén a través do sendeiro azul "Camiño á Beiramar". As liñas L10, C15B e C15C de Vitrasa prestan servizos a esta zona.

Características Trátase dunha pequena praia con orientación noroeste que permite visualizar as illas Cíes. A súa area é de gran fino e de cor crema con tonalidade lixeiramente branca.

Arte e cultura Na contorna da praia de Mourisca existe un xacemento arqueolóxico de adscrición galaico-romana e datado arredor dos séculos III ou IV d.C. Trátase dun asentamento rural con posibles usos residenciais e produtivos relacionados coa explotación de recursos mariños.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alcabre Museo do Mar de Galicia Praia de Fontes

Ligazóns externas Praia de Mourisca na web Turismo Rías Baixas

Mourisca