Santiago Díaz Cortés, nado en Madrid en 1971, é un escritor e guionista de cinema e televisión español.
Traxectoria Iniciou a súa carreira en Antena 3 como delegado de contidos para series como Compañeros, Código Fuego, Un paso adelante e Aquí no hay quien viva. Máis tarde pasou por diferentes produtoras españolas, onde escribiu máis de seiscentos guións emitidos en televisión de series como Hermanas, El don de Alba, Yo soy Bea, El secreto de Puente Viejo, Malaka ou Fuerza de paz.
No ano 2018 publicou coa Editorial Planeta a súa primeira novela, Talión, sobre unha xornalista que decide tomarse a xustiza pola súa man. En xaneiro de 2021 publicou El buen padre, que inicia a serie protagonizada pola inspectora Indira Ramos.
En xullo de 2020 estreou en cines a película de terror Voces, dirixida por Ángel Gómez Hernández, para pasar en novembro dese mesmo ano á plataforma Netflix.
É irmán de Jorge Díaz, un dos integrantes do colectivo Carmen Mola.
Obra
Novela
Talión (2018). Ed. Planeta. 448 páxs. ISBN 978-8408186076. El buen padre. Serie Indira Ramos I (2021). Debolsillo. 416 páxs. ISBN 978-8466368148. Primeiro da serie de novela negra Indira Ramos Taurus. Salvar la Tierra (2021). Montena. Novela de aventuras xuvenil. Las otras niñas. Serie Indira Ramos II (2022). Reservoir Books. 416 páxs. ISBN 978-8418052651. Indira. Serie Indira Ramos III (2023). Reservoir Books. 416 páxs. ISBN 978-8418897825. Los nueve reinos (2024). Alfaguara. 576 páxs. ISBN 9788420477428. Novela histórica. Jotadé. Serie Jotadé I (2025). Alfaguara. ISBN 9788410299498. Primeiro da serie de novela negra Jotadé. El amo. Serie Jotadé II (2026). Alfaguara. ISBN 978-8420479293.
Cine
Voces (2020). Dir: Ángel Gómez Hernández.
Televisión
Guionista, entre outras, das series Hermanas, A las once en casa, 7 días al desnudo, Yo soy Bea, Mi gemela es hija única, Supercharly, El don de Alba, El secreto de Puente Viejo, Malaka, Mercado Central.
Premios
2019: Premio Morella Negra por Talión. 2019: Premio Benjamín de Tudela por Talión. 2021: Premio Xaén de Narrativa Xuvenilpor Taurus. Salvar la Terra. 2023: Premio Alacante Noir por Indira.
Notas
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Guionistas de España Categoría:Novelistas de España Categoría:Novela negra