Jean Baptiste Merlen (ou tamén Johann Baptist Merlen) nado en 1769 e finado en 1850, foi un gravador, medallista e deseñador de moedas que traballou para a Monnaie de Paris e para a Royal Mint de Londres.

Traxectoria Descoñécese o lugar de nacemento de Merlen; en tanto que algúns autores apuntan a Francia, para outros procede de Flandres e o seu nome orixinal sería Johann, no canto de Jean."Who Was Royal Mint Engraver Jean Baptiste Merlen?". The Britannia Coin Company (britanniacoincompany.com).Forrer, L. (1909). Páxina 38.

Os primeiros datos que se coñecen del sitúano traballando na Casa da Moeda de París durante o Primeiro Imperio. Con todo, algúns dos seus primeiros traballos foron fichas encargadas pola Academia de Medicina de Bruxelas, que amosan como data o ano XII do calendario republicano,Revue belge de numismatique. 5ª serie. Tomo VI. 1874. Páxina 390. o que fai pensar que puido ter a súa formación e as súas primeiras experiencias como medallista nesa cidade. Do seu período na Monnaie de Paris destaca entre as súas creacións a medalla emitida en conmemoración da coroación de Napoleón en 1804, que amosa unha escena do emperador sobre un escudo portado por catro guerreiros.Millin de Grandmaison, A. L. (1819). Medallic history of Napoleon. Londres. Páxina 35. Nº 94. Lámina XXXVI. Tamén é foi moi recoñecida a súa medalla en memoria da volta de Napoleón desde a illa de Elba en 1815.

A modo de marca de gravador, as súas medallas adoitan amosar a expresión MERLEN F[ECIT].

Mais a partir de 1815, logo da derrota de Napoleón na Batalla de Waterloo, Merlen comezou a ver en perigo o seu posto na Monnaie de Paris e decidiu trasladouse a Londres, onde acadou un posto de traballo na Royal Mint en febreiro de 1820. Crese que o daquela medallista xefe da ceca londiniense, Benedetto Pistrucci, a quen Merlen coñecera cando aquel visitara a ceca parisiense foi quen lle favoreceu a entrada na Royal Mint. Mais dado que Merlen, pola súa condición de estranxeiro, non podía ser candidato a un posto a tempo completo nesa institución, foi contratado como gravador asistente de xeito temporal, cun soldo de catro guineas (84 xilins) semanais. Na súa etapa na ceca real británica, Merlen mantivo unha tensa relación profesional tanto con Pistrucci como co gravador xefe William Wyon.

miniatura|397x397px|Sete deseños de timbres para diversos departamentos da Administración, deseñados por Merlen (Biblioteca Nacional de Francia)."Sept vignettes, découpées et remontées, en-tête de papiers de diverses administrations [...]". Bibliothèque nationales de France (BNF.fr).

Ao pouco da súa entrada na ceca real de Londres, Merlen recibiu a encarga da que ía ser a súa obra máis sobranceira: o retrato de Xurxo IV para o anverso do dobre soberano de ouro de 1823,"2 Pounds - George IV". Numista.com gravado a partir dunha obra orixinal do escultor Francis Chantrey. Ao rei non lle gustara o deseño da efixie que Pistrucci propuxera para esta moeda de nova creación, e consideraba máis favorecedor o retrato de Chantrey. Así as cousas, Merlen recibiu a tarefa de gravar a imaxe de Chantrey despois de que Pistrucci manifestase a súa negativa a redeseñar a efixie do rei a partir dun traballo doutro artista.Forrer, L. (1909). Páxinas 38-39. Este deseño de Merlen tamén é salientable por ser a primeira vez que se amosaba nas moedas un monarca varón sen a cabeza cuberta, é dicir, nin coa coroa real nin con coroa de loureiro —ao estilo dos emperadores romanos— desde o reinado de Eduardo VI.

A Merlen encomendóuselle igualmente o deseño de varios reversos de moedas británicas, e entre estes destaca o escudo coroado rodeado por unha coroa de loureiro, cuxas variantes se empregaron en repetidas ocasións nas emisións de Guillerme IV e, máis tarde, da raíña Vitoria."Two Hundred Years of the Crowned Shield". The Royal Mint (royalmint.com)."An Accomplished Assistant". The Royal Mint (royalmint.com).

Merlen continuou a traballar xunto ao gravador xefe da Royal Mint, William Wyon, durante a primeira parte do longo reinado da raíña Vitoria, e finalmente xubilouse en xullo de 1844. É probable que, a partir dese momento, regresase a París ou a Bruxelas.

Na súa etapa de actividade, produciu os deseños dos reversos de todas as novas moedas de prata e de ouro da época de Vitoria,"Jean Baptiste Merlen". Numista.com en tanto que do seu gravado se encargou inicialmente William Wyon ata o falecemento deste en 1851, e logo o seu fillo, Leonard Charles Wyon, quen entrara a traballar na casa da moeda logo da xubilación de Merlen. Os deseños do reverso de Merlen na media coroa de prata da serie Young Head de Vitoria eran idénticos aos dos soberanos de ouro do mesmo período, que recibiron o alcume de "reverso escudo" (shield back), que no ámbito da numismática se segue a empregar na actualidade."What is a Shield Sovereign?". Chards.co.uk

Os deseños de Merlen para os reversos da serie de moedas maundy permaneceron en uso ata 1887.

Escolma de traballos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Forrer, L. (1909). "Merlen, Johann Baptist". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol IV. Spink & Son, Londres. Páxinas 38-41.

Categoría:Nados en 1769 Categoría:Finados en 1850 Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Medallas