San Xes de Vilariño é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 303 habitantes, dos cales 150 eran homes e 153 mulleres.
Vilariño na literatura popular Alá vai o sol á serra,/ alá vai a despedir;/ alá vai o brío todo/ dos mozos de Baldemir Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 35. No orixinal: Valdemir. Baldemir é lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira.. Baixa Canle, baixa Canle,/ que Baldemir xa baixou;/ pano fino, pano fino/ os que gastan os de Grou Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52. No orixinal: Valdemir. A Canle, Baldemir e Torneiros son lugares da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira; Santa Cruz de Grou é outra parroquia do mesmo concello.. Baixa Canle, baixa Canle,/ que Baldemir xa baixou;/ Torneiros pano de seda/ do que gastan os de Grou Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52. No orixinal: Valdemir.. Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.. Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha perdiz:/ e mandáballe lembranzas/ ás mozas de Zabariz Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha.Ten que referirise a Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira.. Eu esquirbinche unha carta/ nas alas dunha perdiz:/ que tu non has de negar/ que es mozo de Zabariz Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha, és.. Eu pasei por Vileriño,/ por Vileriño, cantando,/ as mozas de Vileriño/ quedan no río lavando Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 83. San Xes de Vilariño é parroquia do concello de Lobeira.. O cura de Lubeira/ non ten capa nin mantelo;/ viva o cura de San Xes/ que o ten de terciopelo Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 116. Refírese á parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira.. O entroido é moi goloso/ porque lle gusta o touciño;/ de Zabariz foi contente,/ que lle untaron o fuciño Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 117. Ten que referirise a Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño.. O lugar de Vileriño,/ lugar de moito fanango;/ eu, por embourarme nil,/ a Vileriño vou tanto Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Fanango non se recolle nos dicionarios, pode ser erro por fandango que, entre outros significados, é "Desarreglo, confusión y desorden en las cosas: esta casa anda feita un fandango" (Eladio Rodríguez). San Xes de Vilariño é parroquia do concello de Lobeira, pero a cantiga tamén podería referirise ó lugar de Vilariño, en Santa Cristina de Monte Longo (Lobeira) ou ó Vilariño de San Xoán de Randín (Calvos de Randín).. O lugar de Zabariz/ é un lugar moi sombrizo;/ prenden os amores nil/ como o salgueiro no río Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira.. O lugarciño da Canle/ non é lugar nin aldeia:/ é o toco da raposa/ onde se o lobo paseia Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. A Canle é lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira.. Pasei por San Xes cantando,/ pra me ver saíche á porta,/ figuécheste a distraída,/ nena da cara de troita <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 130. No orixinal: paséi, saiche, distraida. San Xes de Vilariño, parroquia do concello de Lobeira.</ref>. Paxaro que vas voando/ por riba do Rebolar,/ dille ás mociñas que veñan/ pousarse eiquí, á Molar Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 131. Xaquín Lorenzo explica que Rebolar era un terreo na serra do Leboreiro, próximo á parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira; engade que A Molar era un lugar da mesma parroquia, pero hoxe non aparece no Nomenclátor.. Pensei coa risa toupar/ na festa de Vileriño/ ao ver aquelas mociñas/ todas borrachas de viño Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 133. San Xes de Vilariño é parroquia do concello de Lobeira.. Teño un amor na ribeira,/ en Cenderiz teño tres,/ outro teño eiquí en Lubeira,/ que non fas falta xa o ves Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 151). Senderiz é lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, do concello de Lobeira.. Todo polo río arriba,/ polo río arriba hai toxos;/ no lugar de Baldemir/ no’hai onde pousa-los ollos Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 155. No orixinal: rio, Valdemir, pousalos. Baldemir é lugar de San Xes de Vilariño.. Torneiros é pintasilvo,/ Sabariz, pinta colores,/ e Baldemir, pano fino/ do que gastan os señores Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 156. No orixinal: Valdemir. Torneiros, Sabariz e Baldemir son lugares de San Xes de Vilariño.. Tu fuches a Vileriño,/ fuches e non viches nada,/ non viches danza-la lúa/ nunha manta colorada Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 157. No orixinal: danzala.. Un día fun a Vileriño/ cunha camisa emprestada;/ pedinlle amor a unha nena/ i ela deume unha patada Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 158. No orixinal: dia, pedínlle.. Zabariz e mais Torneiros/ xogaban ó carnaval/ sendo lugares veciños/ é cousa moi natural'' Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 165. Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira. Torneiros do Val era lugar da parroquia de Manín, no concello de Lobios..
Lugares e parroquias Lugares de San Xes de Vilariño
Parroquias de Lobeira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobeira
Categoría:Parroquias de Lobeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xes