Bright Gilbert Ede, nado en Varsovia o 18 de febreiro de 2007, é un futbolista polaco que xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División.
Traxectoria Comezos Naceu en Varsovia, sendo fillo de nai polaca e pai nixeriano. Comezou a xogar ao fútbol no Delta Warsaw, no que militou oito anos, antes de fichar polo Zagłębie Lubin en 2022. Despois de dous anos no equipo xuvenil, debutou co equipo filial do Zagłębie na II liga, xogando tres partidos antes de deixar o club.
Motor Lublin O 10 de xaneiro de 2025 fichou polo Motor Lublin, da Ekstraklasa, co que asinou un contrato de 18 meses. Debutou o 30 de marzo, saíndo como titular e marcando o segundo gol do seu equipo nunha vitoria por 4-1 contra o Stal Mielec. Disputou un total de 17 encontros no ano e medio que permaneceu en Lublin.
Deportivo da Coruña O 7 de xullo de 2026 asinou un contrato de cinco anos co Deportivo da Coruña, que viña de ascender á Primeira División, e que pagou polo seu traspaso unha cifra próxima aos 6 millóns de euros segundo as informacións da prensa. Debutou na primeira xornada de liga contra o Elche en Riazor, onde saíu como titular no centro da zaga xunto a Lucas Noubi, callando unha boa actuación.
Selección nacional Foi internacional coas categorías sub-18 e sub-19 da selección de Polonia.
Notas
Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Nados en 2007 Categoría:Futbolistas de Polonia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Motor Lublin Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña