Os Mallos (chamado Coiramia antes de urbanizar) é un barrio da cidade da Coruña, pertencente ao distrito dos Mallos-Sagrada Familia. Está situado ao sur do centro urbano e limita cos barrios da Sagrada Familia, A Agra do Orzán, A Falperra, Estación de San Cristovo e a zona de Catabois. Desenvolveuse principalmente durante as décadas de 1950 e 1960 como consecuencia do forte crecemento demográfico da cidade provocado pola inmigración procedente do rural galego.
Arquitectura e urbanismo miniatura|Edificios racionalistas na rúa Biscaia do barrio dos Mallos. Un conxunto de edificios de liñas racionalistas levantados progresivamente na década de 1930 e comezos da de 1940 que configuran conxuntos de quinteiros enteiros arredor da rúa Biscaia e a rúa Oidor Gregorio Tovar, entre outras do barrio, conforman unha contorna con arquitectura racionalista. Se ben é coñecida a zona da rúa Cidade de Lugo, no centro da cidade, polo seu racionalismo, Os Mallos dispón dunha maior concentración e extensión deste tipo de racionalismo coruñés. miniatura|Vivenda do conxunto Juan Canalejo de Juan González Cebrián (dereita) xunto con obra contemporánea do arquitecto Óscar Pedrós (esquerda)
Notas
Categoría:Barrios da Coruña