O Gabinete de Moedas e Medallas de Marsella é un museo numismático que forma parte dos Arquivos Municipais da cidade francesa de Marsella, que alberga unha nutrida colección numismática composta por arredor de 50.000 obxectos, fundamentalmente moedas e medallas antigas e modernas, tanto francesas como estranxeiras, así como unha biblioteca de investigación. Historia miniatura|esquerda|Jules François Paul Fauris de Saint-Vincens, propietario da colección numismática que deu orixe ao Gabinete.|253x253px O Gabinete de Moedas e Medallas de Marsella foi establecido mediante un decreto real de Luís XVIII en 1821, logo da adquisición por parte do municipio da importante colección e da biblioteca numismática que crearan o século anterior o aristócrata Jules François Fauris de Saint-Vinvens e o seu fillo Alexandre, membros do Parlamento de Aix-en-Provence. O obxectivo era dotar a Marsella, en tanto que capital cultural da Provenza, dun centro para o estudo das moedas e as medallas antigas."Le Cabinet des Monnaies et Médailles de Marseille : coup de projecteur sur une institution qui devient bicentenaire en 2021". Marseille.fr"Le Cabinet des médailles. Une grande richesse des collections et une histoire bicentaire". Archives.marseille.fr Naqueles primeiros momentos, o Gabinete estableceuse no antigo convento das Bernardinas e estaba adscrito á biblioteca municipal.

Ademais de se dedicar ao estudo e a investigación, a primeira referencia coñecida a unha sala de exposicións vinculada ao Gabinete data de 1833, promovida polo seu primeiro conservador, Jean Feautrier, que tamén elaborou un inventario da colección en 16 volumes. Logo do pechamento da Casa da Moeda de Marsella en 1857, o alcalde da cidade reorganizou o Gabinete, dotouno dun orzamento e de persoal propios e atribuíulle o novo cometido de preservar a historia monetaria de Marsella e da Provenza."Cabinet des Monnaies et Médailles". Musees.marseille.fr

A idade de ouro produciuse durante a segunda metade do século XIX baixo a dirección de Joseph-François Laugier, cando chegou a rivalizar co Gabinete de Medallas de París e mantivo relacións con institucións homólogas doutros países e continentes. Laugier elaborou un novo catálogo das coleccións en 40 volumes e en 1881 trasladou o Gabinete a unha nova sede no Palacio de Carli. miniatura|Joseph François Laugier, conservador do Gabinete na súa etapa de esplendor (1867-1901).|311x311px Esa época de esplendor chegou á súa fin nos inicios do século XX, por mor de varios factores, como o importante roubo producido en 1902, as dificultades financeiras da cidade e o estoupido da primeira guerra mundial. Nas décadas seguintes, a actividade do Gabinete limitouse practicamente a evitar o seu colapso, sobre todo no transcurso da segunda guerra mundial, e non foi ata a década de 1970 cando comezou a retomar o seu papel principal de servir como centro de estudo dedicado ás moedas antigas e como o depositario da historia monetaria de Marsella e Provenza,"Le Cabinet des médailles. Une grande richesse des collections et une histoire bicentaire". Archives.marseille.fr logo da súa desvinculación da Biblioteca Municipal e a súa adscrición ao Arquivo Municipal, aínda que mantivo a súa sede no palacio de Carli. A partir dese rexurdimento, o Gabinete pasou a contar co apoio da Comisión Numismática do Comité du Vieux Marseille e, ademais de reabrirse ao público a exposición da colección, promovéronse as conferencias e as publicacións.

Xa a principios do século XXI, cun novo traslado da sede do Gabinete —e do propio Arquivo Municipal— ao barrio de Belle-de-Mai, o Gabinete retomou o seu status como institución de relevancia internacional, e presta con regularidade as súas coleccións a museos tanto franceses como doutros países. Aínda que a súa sala de exposicións está pechada desde 2019 á espera de obras de renovación, as súas coleccións pódense ver en esposicións parciais de carácter rotatorio nos Arquivos Municipais de Marsella.

A colección miniatura|Vitrina cunha exposición de condecoracións no Gabinete.|300x300px O Gabinete de Moedas e Medallas de Marsella alberga arredor de 50.000 obxectos relacionados coa numismática, entre moedas, medallas, fichas, condecoracións e outrros, centrados na rexión euromediterránea, desde a Antigüidade ata a Idade Contemporánea."Cabinet des monnaies et médailles. Inventaires des collections". Archives.marseille.fr

Destaca a presenza de moedas procedentes na zona de Marsella, desde as pertencentes ao tesouro de Auriol, que evidencia o comezo da cuñaxe de moeda en Marsella en 525 a. C., ata as derradeiras cuñadas antes do pechamento da casa da moeda desta cidade en 1857.

Preséntanse a seguir algunhas publicacións que testemuñan a evolución dos fondos da colección en momentos diferentes da súa historia:

Laugier, J. F. (1872). Monnaies rares du Cabinet des Médailles de Marseille. Marsella [Ed. 1876]. Laugier, J. F. (1874). Notice sur quelques monnaies et médailles acquises par le Musée Numismatique de Marseille de 1870 à 1874. Marsella Laugier, J. F. (1884). Guide des collections du Cabinet des Médailles de Marseille. Marsella. Brenot, C.; Sias, A. (1981). Catalogue du Fonds Général (Marseille, la Sicile et la Grande Grèce). Archives de la Ville de Marseille. ISBN 2-902904-08-8

A biblioteca numismática miniatura|De asse et partibus eius libri quinque (1514).|281x281px Do mesmo xeito que a colección numismática, a biblioteca ten a súa orixe na conformada no século XVIII por Jules Fauris de Saint-Vincens, que xunto co seu fillo utilizaban para a clasificación e o estudo da colección orixinal. Desa biblioteca orixinal proceden algunhas das primeiras obras numismáticas dos inicios da imprenta, como De Asse et partibus eius libri quinque (1514),Budé, G. (1514). De asse et partibus ejus libri quinque. París. de Guillaume Budé; Fastos magistratum et triumphorum romanorum ex antiquis tam numismatum quam marmorum monumentis restitutos (1566),Goltzius, H. (1566). Fastos magistratum et triumphorum romanorum ab urbe condita ad Augusti obitum ex antiquis tam numismatum quam marmorum monumentis restitutos. Bruxas. de Hubert Goltz; ou unha edición de 1619 de Discorsi sopra le medaglie de gli antichi,Vico, E. (1619). Discorsi di Enea Vico Parmigiano sopra le medaglie de gli antichi. París. de Enea Vico, publicada inicialmente en 1555."La bibliothèque de numismatique". Archives.marseille.fr

A biblioteca viuse aumentada notablemente con parte da colección privada de libros numismáticos do que fora un dos conservadores máis sobranceiros do Gabinete, Joseph François Laugier, composta por arredor de 200 obras de entre os séculos XVII e XIX, logo da doazón efectuada polos seus herdeiros en 1991.

O rexurdimento do Gabinete na década de 1970 supuxo tamén a contratación dun bibliotecario e comezou un programa de adquisicións regulares acerca dos temas de interese da institución: as moedas de Marsella e de Provenza, moedas da antiga Grecia e da antiga Roma, e emisións medievais.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Reynaud, G. E. (1986). Histoire du Cabinet des médailles de Marseille. Archives de la Ville de Marseille. ISBN 9782902904167

Outros artigos Lista de museos numismáticos

Ligazóns externas Sitio web do museo Vídeo: "Le Cabinet des Monnaies et Médailles de Marseille fête ses 200 ans"

Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Francia Categoría:Marsella