Joseph-François Laugier, nado en Toulon, departamento de Var, o 29 de setembro de 1828, e finado en Marsella o 19 de decembro de 1901, foi un numismático francés, conservador do Gabinete de Moedas e Medallas de Marsella."Joseph Laugier". Numista.com
Traxectoria Joseph-François Laugier naceu en Toulon o 29 de setembro de 1828.Perrier, E. (1897). Páxina 276.
Foi un afeccionado á numismática desde a súa infancia e ao longo da súa vida conformou unha notable colección de moedas romanas que contiña numerosas pezas de gran rareza.
Viaxou durante nove anos como enxeñeiro mecánico na Armada francesa, e sinaladamente nas súas viaxes por Oriente foi onde desenvolveu o seu interese polas antigüidades e pola numismática antiga."J.-F. Laugier". En Revue historique de Provence. 1902. Páxinas 51-54.
Ao seu regreso, en 1860 ingresou como axudante no Gabinete de Moedas e Medallas de Marsella e, logo de varios anos de traballo, en 1867 foi recomendado a Louis Blancard —secretario da Academia de Marsella— para se converteuse en conservador daquela institución, un cargo que desempeñou ata o seu falecemento."Le Cabinet des médailles. Une grande richesse des collections et une histoire bicentaire". Archives.marseille.fr"Cabinet des Monnaies et Médailles". Musees.marseille.fr
Ao considerar que, como responsable da colección pública de moedas de Marsella, xa non podería seguir ampliando a súa colección persoal, composta por 707 pezas de ouro, prata e bronce, decidiu venderlla á cidade por 2.000 francos, unha cantidade moi modesta para unha colección desa relevancia. Por unha resolución do 25 de novembro de 1867, a cidade de Marsella autorizou a adquisición.Perrier, E. (1897). Páxina 276. Nota 1.
Tamén foi un destacado coleccionista de ex libris e posuía unha biblioteca de 2.500 volumes, particularmente rica en obras sobre Provenza, numismática e heráldica. Tamén creou ilustracións, tanto para as súas propias obras como para as doutros autores, sobre temas relacionados coa heráldica, a numismática e a sixiligrafía, en ocasións colaborando con Louis Blancard.Perrier, E. (1897). Páxinas 276-277. miniatura|210x210px|Ex libris de Joseph François Laugier. Logo da descuberta do tesouro de Auriol en 1867, foi nomeado polo prefecto para levar a cabo, xunto con Louis Blancard, un inventario das 2.130 moedas de prata que o compuñan."Le Trésor d'Auriol". Bolcodenis.free.fr
O 25 de abril de 1872, Laugier ingresou como membro correspondente da Academia de Marsella.Académie des Sciences, Lettres et Arts de Marseille. Nº 32. Páxina 2. igualmente, foi membro correspondente da Academia de Aix e da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.Perrier, E. (1897). Páxinas 275-276.
Joseph-François Laugier finou en Marsella o 19 de decembro de 1901, aos 73 anos.
Publicacións
Autor
(1868). Étude historique sur les monnaies frappées par les grands maîtres de l'ordre de saint Jean de Jérusalem. Marsella. (1872). Monnaies rares du Cabinet des Médailles de Marseille. Marsella [Ed. 1876]. (1874). Notice sur quelques monnaies et médailles acquises par le Musée Numismatique de Marseille de 1870 à 1874. Marsella. (1880). “Les monnaies du roi René”. En Revue belge de numismatique. Vol. XXXVI. Páxinas 155-187. (1884). “Monnaies de René d’Anjou”. En Revue belge de numismatique. Vol. XL. Páxinas 289-295. (1884). Guide des collections du Cabinet des Médailles de Marseille. Marsella. (1896). “Quelques monnaies rares ou inédites de la principauté d’Orange”. En Revue belge de numismatique. Vol. LII. Páxinas 291-297.
Ilustrador
Teissier, O.; Laugier, J. (1883). Armorial des échevins de Marseille de 1660 à 1790. SAIM, Marsella. Albanès, J. H. (1884). Armorial et sigillographie des évêques de Marseille avec des notices historiques sur chacun de ces prélats. Marius Olive, Marsella. Blancard, L. (1868). Essai sur les monnaies de Charles Ier, comte de Provence. J. B. Dumoulin, París.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"J.-F. Laugier". En Revue historique de Provence. 1902. Páxinas 51-54. Perrier, E. (1897). Les bibliophiles et les collectionneurs provençaux : Arrondissement de Marseille. Barthelet & Cie., Marsella. Páxinas 275-278.
Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1901 Categoría:Nados no departamento de Var Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Coleccionistas Categoría:Directores de museos