Celso Jesús Almuiña Fernández, nado en Garabelos (Mariz, Chantada) en 1943, é un historiador galego.
Traxectoria Fillo único dun muiñeiro, estudou bacharelato en Ourense. Opositou a maxisterio e obtivo praza en Las Cuevas de Soria (Quintana Redonda, provincia de Soria). Licenciouse e doutorouse en Historia pola Universidade de Valladolid, onde foi catedrático de Historia Contemporánea. Discípulo de Luis Miguel Enciso Recio, interesouse tamén na historia da prensa, o xornalismo e a opinión pública. Promoveu a creación do grao en Xornalismo na Facultade de Filosofía e Letras de Valladolid. Logo de xubilarse foi recoñecido como catedrático emérito.
É membro correspondente da Real Academia da Historia.
Obra
De la vieja sociedad estamental al triunfo de la "burguesía harinera" (1984). Ateneo de Valladolid, Colección Historia de Valladolid n.º VI. Liberalismo y caciquismo (siglo XIX) (1986). Ámbito Ediciones. 186 páxs. ISBN 978-84-86047-76-4. Tordesillas 1494 (1994). Electra. 240 páxs. ISBN 978-8481560572. Catálogo da celebración do V Centenario do Tratado de Tordesillas. La historia en el 96 (1997). Marcial Pons Ediciones Jurídicas y Sociales, S.A. 326 páxs. ISBN 978-84-7248-450-4. La prensa vallisoletana durante el siglo XIX (1808-1894) (2007). Deputación de Valladolid. ISBN 978-84-7852-064-0.
Obra colectiva
Universidad de Valladolid. Historia y Patrimonio (1986). Ediciones Universidad de Valladolid. Catálogo de La Prensa Vallisoletana Del Siglo XX (1992). Ediciones Universidad de Valladolid. El Valladolid de ayer (1993). Ediciones Universidad de Valladolid. Las Universidades Iberoamericanas En La Sociedad Del Conocimiento (2000). Ediciones Universidad de Valladolid. DE PEDROSA DE TORO A PEDROSA DEL REY: Historia de una villa castellana: 2 (2016). Editorial Spica Siglo xxi. Perfiles de periodistas contemporáneos (2016). Editorial Fragua.
Notas
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1943 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Profesores da Universidade de Valladolid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes