Corinne Schroeder, nada o 17 de agosto de 1999 en Elm Creek (Canadá), é unha xogadora profesional de hóckey sobre geo. Xoga de porteira para o PWHL San Jose da Professional Women's Hockey League (PWHL), tendo xogado anteriormente no Seattle Torrent, nas New York Sirens da PWHL, e no Boston Pride da Premier Hockey Federation (PHF). Destacada porteira universitaria, xogou para a Universidade de Boston e a Universidade Quinnipiac, onde estableceu récords do programa en porcentaxe de paradas e media de goles en contra, e recibiu honores All-American.
Durante a tempada 2022-23 da PHF co Boston Pride estableceu un récord da liga ao rexistrar tres shutouts de xeito consecutivo no inicio da súa tempada como rookie e gañou tanto o premio á Porteira do Ano como á Rookie do Ano. Posteriormente uniuse á PWHL, sendo seleccionada na 33ª posición polo PWHL New York no draft inaugural, e fixo historia ao conseguir o primeiro shutout da liga no partido inaugural o 1 de Janeiro de 2024 fronte o PWHL Toronto. Finalizou a súa primeira tempada na PWHL cun 93% de paradas e foi nomeada ao premio da Porteira do Ano 2024.
Na tempada 2024-25 liderou a todas as porteiras con catro shutouts, alcanzando na liga regular un total de cinco, o que supuxo un novo récord na PWHL coa maior cantidade de partidos sen recibir ningún gol. Debutou coa selección canadense durante as Rivalry Series 2023–24 Rivalry Series fronte os Estados Unidos en 2023.
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Manitoba Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo do Canadá Categoría:Xogadoras do Boston Pride Categoría:Xogadoras do New York Sirens Categoría:Xogadoras do Seattle Torrent Categoría:Xogadoras do PWHL San Jose