Amal Ramzi Alam Uddin (en ), nada en Beirut o 3 de febreiro de 1978, coñecida como Amal Clooney, é unha avogada, activista e escritora libanesa que tamén posúe a nacionalidade francesa. É avogada para Doughty Street Chambers, especializada en dereito internacional, dereito penal, dereitos humanos e extradición. Entre os seus clientes inclúense Julian Assange, fundador de WikiLeaks. Tamén representou á anterior primeira ministra ucraína Yuliia Tymoshenko. Está casada co actor estadounidense George Clooney.
Notas
Categoría:BBC 100 Mulleres Categoría:Nados en Beirut Categoría:Activistas do Reino Unido Categoría:Avogados dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1978