Sak Tahn Waax ("Raposo de peito branco") foi un astrónomo e matemático maia do século VIII orixinario de Xultún (no que hoxe é Guatemala). É o único matemático e astrónomo maia clásico coñecido polo seu nome.
Sitio arqueolóxico de Xultún A estrutura 10K-2 de Xultún foi descuberta en 2010 e identificouse provisionalmente como un obradoiro de escritores de códices. Atopáronse uns 52 textos nas catro paredes, que os investigadores chamaron os "borradores" dos matemáticos maias "mentres trazaban e predicían os ciclos dos obxectos celestes en relación coa Terra e entre si, e tamén traballaban para reconciliar numericamente eses ciclos coas outras unidades de tempo de varios calendarios", e inclúen "unha táboa lunar, un número de aneis e textos con ciclos aniñados vinculados a cálculos locais; varios lidian con unidades de tempo moi grandes".
Sinatura O seu nome, escrito na escritura maia clásica, aparece xunto a unha fórmula de calendario (designada como Texto 19) atopada nun dos muros interiores dunha estrutura en Xultún, Guatemala, que data do ano 781. O sitio arqueolóxico foi asociado á era clásica mesoamericana, que abrangue entre o ano 250 e o ano 900. As outras paredes interiores están decoradas con murais pintados.
Investigación O texto 19 comprende 11 bloques de glifos, 5 dos cales presentan ciclos temporais específicos. O espazamento dos rexistros do calendario corresponde a diferentes intervalos de tempo, e esta práctica de codificación estaba moi estendida entre os escribas maias. O texto 19 emprega múltiplos do mes maia de 20 días (Haab), do ano de 260 días (tzolkin), do ano de 360 días e do período orbital de Marte para obter o mínimo común múltiplo entre o ano solar de 365 días e o período orbital de Venus (o período sinódico de Venus é de 584 días). Isto só ocorre aproximadamente cada 2.920 días. O texto 19 vai seguido dunha atribución, que se traduce como: "así di Sak Tahn Waax". Descoñécese se isto foi escrito polo autor ou se é unha referencia feita por outra persoa.
Transcrición de Xultún Text 19 +TranscriciónTradución4 Ak'bal1 Winik ji1 mes de 20 días11 Ak'bal 6 Paax13 Winik ji13 meses de 20 días (1 ano tzolk'in)1 Sak Sihoom2 períodos orbitais de Marte1 Paax3 Haab3 anos de 360 días6 Muwaan niChe He NasegundoSak Tahn wa xiRapaso de peito branco Fonte
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Calendario maia Civilización maia
Categoría:Astrónomos Categoría:Matemáticos Categoría:Pobos maias