Os kadiwéu son un pobo indíxena do Brasil. En 1998, vivían en catro aldeas e algunhas familias vivían de forma independente na xungla."Kadiweu." Countries and Their Cultures. (consultado o 3 de decembro de 2011)Fabre, Alain (2006). Los guaykurú, Part 3 of Los pueblos del Gran Chaco y sus lenguas. Suplemento Antropológico, volume 41 issue 2, pp. 7–132. Asunción, Paraguay. Online version updated 2009-07-30, consultado o 2010-08-20. Son coñecidos polas súas habilidades para montar dacabalo."Kadiwéu: Introduction." Povos Indígenos no Brasil. (consultado o 3 de decembro de 2011)
Nome O seu nome escríbese "kadiwéu" en Portugués (sendo o plural kadiwéus). Tamén son coñecidos como cadiguebo, cadioeo, caduveo, caduvéo, caduví, cayua, guaicuru, kadiveo, kadivéu, kadiweu, kaduveo, kaiwa ou mbayá-guaikurú.
Lingua Son unha rama dos pobos guaicurú e falan a característica lingua kadiwéu que pertence á familia das linguas guaicuruanas. Son o derradeiro grupo sobrevivente de pobos mbayá.
Territorio Os kadiwéu viven hoxe na Terra Indíxena Kadiwéu, unha gran reserva estabelecida en 1903, no estado brasileiro de Mato Groso do Sur no concello de Porto Murtinho, entre a Serra de Bodoquena e os ríos Nabileque e Aquidavão.
Historia Os kadiwéu son a maior rama sobrevivente dos pobos mbayá. Os mbayá eran asaltantes no século XVIII e eran uns 4.000, mais a varíola e a gripe diminuíron radicalmente a súa poboación a finais do século XVIII.
Durante a guerra da Tripla Alianza de 1865-1870, o kadiwéu loitaron contra Paraguai no bando do Brasil.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Arte kadiwéu, no Museo Nacional dos Indios Americanos
Categoría:Pobos indíxenas do Brasil