A Asociación Británica de Comercio Numismático, coñecida tamén polas siglas BNTA (do inglés British Numismatic Trade Association), é unha entidade constituída pola maioría dos principais comerciantes de moedas, medallas e papel moeda do Reino Unido —arredor de 90 compañías—,"Dealerships". British Numismatic Trade Association (BNTA.net). creada en 1973, orixinalmente para representar o punto de vista do comercio ante as autoridades alfandegueiras e da Facenda do Reino Unido en relación co imposto sobre o valor engadido aplicado ao comercio numismático."About BNTA". British Numismatic Trade Association (BNTA.net). Ten a súa sede en Southend-on-Sea, Essex."British Numismatic Trade Association". Britishtrade.uk
A partir deste obxectivo orixinal, a súa área de actuación estendeuse posteriormente tamén á República de Irlanda e o seu ámbtito ampliouse á loita contra a falsificación e contra o roubo e outras actividades criminais. Isto axudou a establecer un punto de referencia para os máis altos estándares éticos no comercio británico de moedas. Ademais, a BNTA envía aos seus asociados mensaxes de alerta temperá sobre moedas falsificadas e bens roubados.
Por outra banda, a BNTA mantén tamén contacto co Departamento de Patrimonio Naional do Reino Unido e co Museo Británico, en relación cos acordos sobre licenzas de exportación e coa lei relativa ao Tesouro.
A Asociación organiza tamén a maior bolsa internacional de moedas e medallas do Reino Unido, coñecida como COINEX, que se celebra anualmente a finais de setembro ou principios de outubro en Mayfair, Londres, e acolle ata 100 comerciantes británicos e estranxeiros durante dous días. Este evento promove unha serie de poxas en Londres durante a semana anterior e as vendas poden superar os 10 millóns de libras durante esa semana."Coinex". British Numismatic Trade Association (BNTA.net).
A BNTA é membro da Federación Europea de Asociacións Numismáticas Profesionais (FENAP)."Mitgliedsverbände / Members / Membres". Federation of European Numismatic Associations (FENAP.com).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de asociacións numismáticas
Ligazóns externas Sitio web da Asociación Británica de Comercio Numismático
Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Asociacións empresariais