Franz Andreas Bauer (posteriormete Francis Bauer), nado o 14 de marzo de 1758, finado o 11 de decembro de 1840, foi un pintor, microscopista e artista botánico austríaco, que traballou moitos anos en Inglaterra. En traballos botánicos cítase o seu nome como F.A.Bauer.

Naceu en Feldsberg, Baixa Austria (agora Valtice, República Checa), era fillo de Lucas Bauer (morto en 1761), pintor da corte do Príncipe de Liechtenstein, e irmán dos pintores Josef Anton (1756–1830) e Ferdinand Bauer (1760–1826). Despois da morte de Lucas Bauer, a súa esposa Therese continuou dándolle aos seus tres fillos leccións de arte e ilustración. Josef sucedeu a seu pai como pintor da corte e finalmente converteuse en coidador da galería en Viena.

Francis e Ferdinand tiveron as súas primeiras experiencias na ilustración botánica coa chegada do Padre Norbert Boccius, abade de Feldsberg, en 1763, e realizou uns 2000 debuxos en acuarela de espécimes de plantas baixo a súa guía. Despois empregounos o conde Dietrichstein como pintores de flores en Viena; Franz ilustraba obras do Baron Nikolaus Joseph von Jacquin e do seu fillo o barón Joseph Franz von Jacquin nos Xardíns Imperiais de Schönbrunn; Franz acompañou despois a este último a Londres. Alí Jacquin fillo presentouno a Sir Joseph Banks, quen, recoñecendo o seu extraordinario talento, conseguiulle un posto como primeiro ilustrador botánico nos Reais Xardíns Botánicos de Kew e Museo, cun salario anual de 300 libras. Permaneceu alí o resto da súa vida, producindo un tesouro de soberbias ilustracións botánicas e anatómicas, converteuse en membro da Real Sociedade e foi nomeado "Pintor botánico da Súa Maxestade" o rei Xurxo III do Reino Unido.

En 1790, Bauer establecérase en Kew, e realizou detalladas pinturas e debuxos e diseccións de flores, moitas veces a nivel microscópico, e tivo gran coidado ao colorear a man copias de litografías do seu traballo. Durante esta época foi titor na arte da ilustración da raíña Carlota, a Príncesa Isabel e William Hooker, e a miúdo recibía visitas de amigos e botánicos na súa casa. Morreu en 1840, e está enterrado na Igrexa de Sana Ana, Kew, a carón de Thomas Gainsborough. O seu legado pode encontrarse en suntuosas publicacións como Delineations of Exotick Plants (1796–1803), a súa colaboración con John Lindley na obra Illustrations of Orchidaceous Plants (1830–38), e as súas delicadas litografías en Strelitzia Depicta (1818).

Obras ilustradas Delineations of Exotick Plants cultivated in the Royal Garden at Kew. Drawn and coloured and the Botanical characters displayed according to the Linnean System by Francis Bauer. Publicada por William Aiton, d.c. (Prefacio de Sir Joseph Banks.) 1796-83 The Genera and Species of Orchidaceous Plants, illustrated by drawings on stone from the sketches of Francis Bauer de John Lindley. Londres, Ridgways e Treuttel, Wurtz, 1830-1838. Genera filicum; or Illustrations of the ferns, and other allied genera; from the original coloured drawings of the late Francis Bauer; with additions and descriptive letterpress, de Sir William Jackson Hooker. Londres, H. G. Bohn, 1842.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía Stewart, Joyce e William T. Stearn. The orchid paintings of Franz Bauer. Timber Press,. Portland, Or. 1993 Reinikka, Merle A. A History of the Orchid. Timber Press,. Portland, Or. 1995

Ligazóns externos

Debuxos de Bauer dixitalizados pola Biblioteca John Carter Brown. Biografía de Kew de Francis Bauer Descrición de debuxos de Bauer na Bibliotca da Cámara do Senado, Universidade de Londres

Categoría:Nados en 1758 Categoría:Finados en 1840 Categoría:Ilustradores de Austria Categoría:Pintores de Austria Categoría:Ilustradores do Reino Unido Categoría:Pintores do Reino Unido Categoría:microscopistas