Rafael María de Labra Cadrana, nado na Habana o 7 de setembro de 1840 e finado en Madrid o 16 de abril de 1918, foi un ideólogo, político español, liberal e republicano, destacado abolicionista e prolífico escritor. Foi unha figura clave na campaña pola abolición da escravitude en Porto Rico e Cuba. Foi deputado, reitor da Institución Libre de Enseñanza, senador, membro de número da Real Academia de Ciencias Morais e PolíticasReal Academia de Ciencias Morales y Políticas e presidente do Ateneo de Madrid. Foi defensor da escola pública laica e da liberdade de ensinanza como alicerces da democracia.
Traxectoria Foi fillo dun matrimonio de acomodados labregos asturianos: Rafaela (natural de Xixón, filla do subintendente de Cuba Ignacio González Cadrana) e Ramón María de Labra (Cangas de Onís 1788-1870). Rafael María naceu na Habana, onde o seu pai estaba servindo como coronel dun rexemento.Enciclopedia de Oviedo Sendo aínda un neno trasladouse coa súa familia a España, onde residiron primeiro en Cádiz e, desde que cumpriu dez anos de idade, en Madrid. Na universidade desta cidade cursou os estudos de Filosofía e Letras e de Dereito, licenciándose como avogado en 1860. Un ano antes recibira das mans de Salustiano de Olózaga un premio á elocuencia na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.
O 15 de novembro de 1857 ingresou como membro do Ateneo de Madrid (co número 1769, presentado por Enrique Lemming, Fernando Cos-Gayón e Gabino María Armeiza), onde axiña se deu a coñecer polas súas destacadas capacidades como orador. Iniciouse no xornalismo en El Contemporáneo e La Discusión. Na Revista Hispano-Americana defendeu moi cedo a autonomía de Cuba.
Foi un destacado activista da Sociedad Abolicionista Española, fundada en 1865. Presidiu o seu comité executivo entre 1868 e 1876 e, posteriormente, ocupou a presidencia da propia sociedade,Melón de Díaz, Esther (1975). Puerto Rico: Figuras, apuntes históricos, símbolos nacionales, páx. 131. que se disolveu en 1888, unha vez abolida a escravitude nos territorios hispánicos. A súa actividade antiescravista valeulle fortes inimistades en Cuba. Segundo recolle Miguel Moya en Oradores políticos, un xornal integrista cubano chegou a abrir unha subscrición para recompensar a quen conseguise asasinalo: «Por sacarlle os ollos, 100. Por atravesarlle o corazón dunha puñalada, 500. Por arrastralo, 1.000 pesos».
Así mesmo, participou como relator nas conferencias dominicais sobre a educación da muller organizadas pola Universidade de Madrid, coa conferencia Sobre la mujer y la legislacion castellana (Madrid, 1869).
En 1871 foi elixido deputado nas Cortes por Infiesto, en Asturias, sen pertencer a ningún partido político. Labra conseguiu que a Asemblea Nacional aprobase a Lei de abolición da escravitude. Renunciou a ser ministro, inda que Francesc Pi i Margall e Nicolás Salmerón llo pediron.
Foi un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza en 1876. Exerceu como reitor da institución entre 1881 e 1882 e novamente desde 1885 ata 1918.
Foi senador pola Universidade da Habana entre 1896 e 1898 e pola Sociedade Económica de Amigos do País de León entre 1901 e 1918.Ficha de senador, Senado de España. Tamén foi un dos deputados e senadores homenaxeados por Solidaritat Catalana o 20 de maio de 1906 pola súa oposición no Senado á Lei de Xurisdicións.La Ilustració Catalana, Barcelona, 20 de maio de 1906, ano IV, n.º 155, páx. 309.
Publicou arredor de douscentos libros, entre os que se inclúen obras sobre as súas viaxes.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Krausismo Ligazóns externas "Rafael María de Labra y Cadrana" Enciclopedia de Oviedo. Fundación Gustavo Bueno .
Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1840 Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Profesores da Institución Libre de Enseñanza Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Krausistas Categoría:Abolicionistas Categoría:Persoeiros do republicanismo en España Categoría:Senadores de España Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático Categoría:Finados en 1918 Categoría:Persoeiros do republicanismo en España Categoría:Políticos liberais