José Antonio Sobrino Rodríguez, máis coñecido como José Antonio Sobrino, nado en Outomuro (Cartelle) o 3 de xullo de 1961, é un físico galego, profesor e investigador na Universidade de Valencia, especializado no campo da Teledetección.

Traxectoria

Foi Presidente da Asociación Española de Teledetección entre os anos 2013-2022, así como director da Revista Española de Teledetección e editor xefe da revista Frontiers in Remote Sensing entre 2020 e 2023. Tamén foi coordinador xunto co Dr. Simon J. Hook do Land Product Validation / Land Surface Temperature and Emissivity (LPV/LSTE), do Committee on Earth Observations Satellites.N a actualidade é director da Unidade de Cambio Global da Universidade de Valencia, unidade que fundou en 1996, así como do Image Processing Laboratory (IPL) da mesma Universidade desde 2023. Ademais, é presidente fundador da serie de congresos Recent Advances in Quantitative Remote Sensing, RAQRS celebrados nos anos 2002, 2006, 2010, 2014, 2017, 2022 e 2024 en Torrente (Valencia) e editor xefe das revistas Recent Advances in Remote Sensing e Remote Sensing Communications.

Como físico da Terra especializado en teledetección, as súas liñas de investigación céntranse no estudo dos cambios que sofre o noso planeta analizados co soporte de satélites de teledetección e o tratamento dixital das imaxes fornecidas polos mesmos. Elaborando algoritmos operativos que permiten estimar a temperatura e emisividade da superficie terrestre, a evapotranspiración, a inercia térmica, o contido total en vapor de auga da atmosfera, a humidade do solo así como estudar o dinámica espazo-temporal da cobertura terrestre e a illa de calor entre outros.

Catedrático de Física da Terra da Universidade de Valencia desde o ano 2009, dirixe actualmente a Unidade de Cambio Global do Image Processing Laboratory no Parque científico, da Universitat de València. Publicou máis de 300 traballos en revistas nacionais, internacionais e libros científicos e ten realizado máis de 200 comunicacións en congresos, índice H=77, 29788 citas. Dirixiu 25 teses doutorais e máis de 70 proxectos de investigación subvencionados por distintos organismos de España, a Unión Europea e a Axencia Espacial Europea . Destacan os proxectos EAGLE, e WATERMED, da UE, os proxectos DESIREX, FUEGOSAT e SEN4LST, da ESA e os proxectos IBESAT e EODIX, de España. Participou en comités de avaliación de programas científicos de observación da Terra como o programa INCO, da UE, o programa EOEP-2, da ESA, o programa nacional do espazo de España así como na Evaluation of the Danish Contributions to Space Research, no ano 2008 e do centro de investigación CESBIO, de Toulouse en Francia.

Así mesmo formou parte do Earth Science Advisory Committee (ESAC), da ESA durante os anos 2003-2007, participando na elaboración do documento The Changing Earth, e na aprobación das misións CryoSat 2, para medir as fluctuaciones no espesor da capa de xeo sobre a superficie terrestre, lanzada o 8 de abril de 2010, SWARM, para medir o campo xeomagnético terrestre e EARTCHARE, para mellorar a comprensión do balance radiativo da Terra. Foi o investigador principal do proxecto TIREX, unha misión innovadora cuxo obxectivo é o de adquirir imaxes de temperatura da superficie terrestre cunha resolución espacial de 50 m para o seguimento diario dos ciclos de auga e de carbono da biosfera continental, a contorna urbana en resposta ao impacto das ondas de calor, os incendios, as erupciónss volcánicas etc. É membro do comité científico da misión LSTM da Axencia Espacial Española e da misión franco-Indú TRISHNA e MISTRIGRI, do Centro Nacional de Estudos Espaciais de Francia.

Obras É autor de múltiples artigos en revistas especialidas, participou en máis de 30 obras colectiva e dirixiu 18 teses de doutoramento.

Desarrollo de un modelo teórico para interpretar la medida de temperatura realizada mediante teledetección: aplicación a un campo de naranjos (1990).Universitat de València. ISBN 84-370-0598-1. Teledetección (2001). Publicacions de la Universitat de València. 468 páxs. ISBN 978-84-370-4220-6.

Recoñecementos

Premio Rei Jaime I de Protección do Medio Ambiente 2019, Premio de investigación da Sociedade Xeográfica Española 2019-2020 Premio Carta de Poblament de Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente da Cidade de Torrent (Valencia). En agosto de 2024 foi nomeado Fillo Predilecto do Concello de Cartelle (Ourense). 2026: Premio Nacional de Investigación Alejandro Malaspina, outorgado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades «pola excelencia da súa carreira investigadora, a orixinalidade e innovación da súa liña de investigación, así como o seu destacado liderado científico».

Notas

Categoría:Nados en Cartelle Categoría:Nados en 1961 Categoría:Físicos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia