A literatura galega do século XXI, tamén chamada literatura galega actual, é aquela formada polas obras literarias publicadas en lingua galega dende 2001. Caracterízase pola presenza de novas voces que conviven con outras de promocións anteriores.

Contexto histórico e cultural esquerda|miniatura|165x165px|Voluntarios limpando unha praia, tras o naufraxio do Prestige en 2002. O século XXI ábrese en Galicia co naufraxio do petroleiro Prestige en 2002 fronte á Costa da Morte, que provoca unha marea negra que coloca a Galicia no punto de mira internacional. Galicia padece tamén numerosos incendios en 2006, 2017 e 2025.

En 2003, apróbanse as normas ortográficas do "consenso". En 2004, a Xunta de Galicia impulsa un acordo entre as tres forzas políticas parlamentarias (Partido Popular, PSOE, BNG), o cal permite aprobar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega por unanimidade.

En canto á política, en 2005 accede á Xunta de Galicia un goberno bipartito, formado polo PSOE e o BNG. Será investido presidente o candidato socialista Emilio Pérez Touriño.

En marzo de 2009 gaña as eleccións autonómicas o Partido Popular, o que permite a elección de Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta, sucedido posteriormente por Alfonso Rueda en 2022.

A poesía do século XXI miniatura|Alba Cid e Ismael Ramos A poesía galega sitúase no século XXI nun período de esplendor. María Xesús Nogueira publica en 2017 unha antoloxía de 13 poetas que comezaron a escribir a partir de 2005, que son: Francisco Cortegoso, Oriana Méndez, Jesús Castro Yáñez, Andrea Nunes Brións, Xabier Xil Xardón, Gonzalo Hermo, Berta Dávila, Ismael Ramos, Samuel Solleiro, Celia Parra, Alicia Fernández, Lara Dopazo e Antón Blanco.

Marcus Daniel Cabada publica en 2025 outra antoloxía, "Poesía galega novísima", que inclúe, entre outros, a Afra Torrado, Alexandre Fernández, Ana Fraile Somoza, Andrea Valle, Ánxela do Canto, Arancha Nogueira, Belén Senín, Benjamín Vidal, Carlos Lixó, Carlota Corredoira, Celia Parra, C. Ermitas, Cara Vidal, Diego Bará Louro, Eilún del Pazo Moa, Emmanuel Joven, Helena Salgueiro, Jorge Rodríguez Durán, Lois Alcayde Dans, Lucía Cernadas, Noelia Gómez, Noemia Veiga Gonçalves, Nuria Vil, Pablo Rodríguez López, Paula Antía Rey Baliña, Quico, Regina Touceda, Sara Villar Aira, Tamara Andrés e Vicente Vázquez Vidal.

Entre 2019 e 2024, reciben o Premio Nacional de Poesía de España autoras xa consolidadas, Pilar Pallarés, Olga Novo, Yolanda Castaño e Chus Pato. Igualmente, Gonzalo Hermo, Alba Cid e Ismael Ramos foron galardoados co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández.

A narrativa do século XXI miniatura|317x317px|Begoña Caamaño cos seus libros Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. No caso da narrativa, cómpre salientar que Suso de Toro e Manuel Rivas, autores que xa viñan publicando anos atrás, se converten nas voces máis aclamadas, trala morte de Carlos Casares e o silencio narrativo de Ferrín dende No ventro do silencio (1999). É nesta etapa cando falecen Begoña Caamaño, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo e Domingo Villar.

Seguen publicando autores como María Xosé Queizán, Marilar Aleixandre, Carlos Reigosa, Bieito Iglesias, Lois Diéguez, Marina Mayoral, Xosé Ramón Pena, Alfredo Conde, Víctor Freixanes, Antón Riveiro Coello e Francisco Castro, mais tamén xorden novas voces como Pedro Feijoo, Blanca Riesta, Xabier Quiroga e Rexina Vega.

Dolores Vilavedra tamén percibe a "consolidación dun grupo estable de narradoras", como María Reimóndez, Teresa Moure, Iolanda Zúñiga, Emma Pedreira, Inma López Silva, Ledicia Costas e Berta Dávila. Ademais, sinala o éxito do "Galician noir", con autores como os mencionados Domingo Villar e Pedro Feijoo, Diego Ameixeiras, Miguel Anxo Fernández e Arantza Portabales. Advirte tamén unha renovación do tema da emigración, con autores como Eva Moreda, Xesús Fraga e Gonzalo Hermo.

Neste século, Suso de Toro, Xesús Fraga e Marilar Aleixandre recibiron o Premio Nacional de Narrativa de España.

O teatro do século XXI

O ensaio do século XXI

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Século XXI

Categoría:Historia da literatura galega