O factor regulador do interferón 3 ou IRF3 é un factor regulador do interferón.

Función IRF3 é un membro da familia do factor de transcrición regulador do interferón (IRF). O IRF3 foi descuberto orixinalmente como un homólogo de IRF1 e IRF2. IRF3 foi despois caracterizado e contén varios dominios funcionais, incluíndo un sinal de exportación nuclear, un dominio de unión ao ADN, un dominio de asociación de IRF C-terminal e varios sitios de fosforilación reguladores. IRF3 encóntrase nunha forma citoplásmica en estado inactivo que por medio da fosforilación en serina/treonina forma un complexo con CREBBP. O complexo trasládase ao núcleo para a activación transcricional de interferóns alfa e beta, e xenes inducidos polo interferón.

O IRF3 xoga un importante papel na resposta do sistema inmunitario innato á infección viral. As MAVS agregadas activan a dimerización de IRF3. Un estudo de 2015 mostrou que a fosforilación das proteínas adaptadoras inmunes innatas MAVS, STING e TRIF nun motivo conservado pLxIS recruta e especifica a fosforilación e activación de IRF3 pola serina/treonina proteína quinase TBK1, activando así a produción de interferóns tipo I. Outro estudo mostrou que os knockouts IRF3-/- protexen do infarto de miocardio. O mesmo estudo identificou IRF3 e a resposta de IFN tipo I como unha diana terapéutica potencial para a cardioprotección postinfarto de miocardio.

miniatura|esquerda|500px|Vía de sinalización dos receptores tipo Toll. As liñas descontinuas grises representan asociacións descoñecidas.

Interaccións

IRF3 presenta interacciona con IRF7.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

FactorBook IRF3

Categoría:Factores de transcrición