Adufeiras de Salitre é unha formación musical feminina dedicada á interpretación de música tradicional galega. Os instrumentos empregados polas músicas son a voz e a percusión, entre os que destacan as pandeiretas, os pandeiros e os adufes.

A agrupación vincúlase a Xabier Díaz, músico ao que acompañan dende o ano 2015, data da estrea do primeiro traballo en colaboración. Dende aquela desenvolveron un proxecto musical que engloba aos dous suxeitos, "Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre", xuntos realizaron 4 discos en colaboración:The Tambourine Man (2015), Noró (2018), As catedrais silenciadas (2020) e Axúdame a sentir (2024).

A proposta musical do grupo xira arredor da música tradicional galega, e da recollida, recuperación e dignificación dos repertorios procedentes da tradición oral. O proxecto presta especial atención ao papel das mulleres na conservación e transmisión destas formas musicais, así como á figura da pandeireteira, vinculada de xeito histórico á percusión e ao canto nas celebracións e reunións das sociedades galegas rurais, tal e como mostran as coplas propias desta tradición.

Repertorio e proposta musical A proposta das Adufeiras de Salitre baséase na combinación do canto colectivo feminino e da percusión tradicional, elementos aos que se lle engade normalmente a voz de Xabier Díaz. O repertorio da formación inclúe formas tradicionais da música galega, como muiñeiras, xotas, alalás e pasodobres que son reinterpretadas mediante novos arranxos que as adapta a contextos máis actuais.

O xa mencionado papel da muller no ámbito rural é un dos campos que abrangue a formación musical, así destaca pola conservación e difusión de pezas transmitidas oralmente neses paradigmas. Deste xeito as músicas pretenden reivindicar o papel vertebrador das pandeireteiras nesas sociedades e espazos de encontro como eran os seráns ou as foliadas.

Discografía A actividade discográfica manténse no marco da colaboración con Xabier Díaz.

The Tambourine Man (2015) Noró (2018) As catedrais silenciadas (2020)

Axúdame a sentir (2024)

Os 4 traballos menteñen como eixo a reinterpretación da música tradicional galega grazas á combinación de voces e percusión.

Proxección A actividade discográfica veu acompañada dunha ampla actividade en directo dende o inicio da súa traxectoria, con actuacións tanto no panorama autonómico e nacional como internacional, tendo estado en lugares como Bos Aires, Oslo, Lisboa, Arxel, Glasgow, Madrid, Bariloche, Colonia, Londres, Gotemburgo, Rotterdam, Bruselas ou Gante

O proxecto participou en varias ocasións en diferentes escenarios e festivais relacionados coa música tradicional, popular e de raíz, o que mostra que queda integrado dentro dun grupo musical máis amplo de folk e tradicional vinculado co pobo ao que pertence. Formou parte do Festival Cultural Europeo do ano 2017 organizado polo Instituto Cervantes.

Recoñecementos A actividade Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre foi recoñecida con numerosos galardóns, entre os que podemos atopar:

Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional Galega no ano 2016 polo disco The Tambourine Man Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional Galega no ano 2020 polo disco As catedrais silenciadas As Catedrais Silenciadas estivo tres meses no Top Ten do WMCE Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego no 2016 por The Tambourine Man Premio aRitmar á Mellor Canción en Galego no ano 2016 por Cantiga de montaña

A súa actividade musical foi candidata tamén doutros premios, como no ano 2021 cando estivo nomeada a tres galardóns.

Notas

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos galegos de música tradicional