miniatura|260px|Estrutura molecular en modelo 3D de bolas e varas do cristal de azurita, Cu3(CO3)2(OH)2

A azurita, tamén malaquita azul (nos séculos XIX e XII tamén chamada chesilita por Chessy-les-Mines, Ródano, preto de Lión) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é Cu3(CO3)2(OH)2 (contén un 69,2% de cobre, un 25,6% de CO2 e un 5,2% de auga).

Coñécese dende tempos antigos e mencionouse na Historia natural de Plinio o Vello baixo o nome grego de (κυανός: "azul profundo", raíz da cor ciano) e o nome latino caeruleum.The Ancient Library: Smith, Dictionary of Greek and Roman Antiquities, p.321, col. dereita, baixo AZUL (en inglés)

Características

Aspecto A azurita preséntase normalmente formando agregados cristalinos. Tamén o fai de forma masiva e de costras. Ten unha cor azul característica.

Lugares onde se atopa A azurita atópase en zonas de oxidación, formada pola acción de solucións hidrocarbonatadas sobre sulfuros de cobre, case sempre en drusas, en asociación coa malaquita e coa cuprita.

Propiedades A azurita é tóxica disolta en auga (aínda que moito menos que minerais con metais pesados). Non debe ser utilizada baixo ningunha circunstancia para adornar acuarios de auga salgada. Así mesmo, non existe perigo algún de envelenamento ó manexala coas mans.

Usos da azurita

A azurita é utilizada coma fonte secundaria de cobre.

Xoiería En ocasións é usada para a fabricación de xoias, pero a súa consistencia e tendencia a perder a súa cor e converterse en malaquita, limita a súa manexabilidade. Xa que a calor a destrúe con certa facilidade, a azurita debe ser traballada a temperatura ambiente.

Pigmento Usada como pigmento (pigmento de azurita) desde a Idade Media ao século XX, moitas veces confundíndose coa lazurita, compoñente do lapislázuli de tonalidades parecidas e bastante máis caro. Tanto o nome de azurita como de lazurita e lapislázuli ("pedra de azur") derivan do Persa (لاژورد) a través do árabe.

Outros carbonatos

A malaquita, a aragonita e a calcita son outros carbonatos coñecidos. Galería

Notas

Véxase tamén

Categoría:Minerais Categoría:Mineraloxía Categoría:Xeoloxía