Macondo é unha vila ficticia na que se desenvolven as novelas Cien años de soledad, Los funerales de la Mamá Grande, La hojarasca, La mala hora e Monólogo de Isabel viendo llover en Macondo do escritor colombiano Gabriel García Márquez.

No 2005 houbo unha iniciativa para renomear Aracataca, vila natal de García Márquez, como Macondo. Realizouse un referendo e a medida non foi aprobada. No 2006, Macondo foi nomeado como símbolo cultural de Colombia no concurso organizado pola revista Semana, co apoio da canle Caracol Televisión e do Ministerio de Cultura coa campaña de marca Colombia es pasión.

No 2024, Netflix recreou a ficticia vila de Macondo para a súa serie de televisión Cien años de soledad preto de Alvarado, Tolima.

Toponimia Segundo García Márquez, o termo Macondo procede do grego, próximo ao latín. No libro Gabriel García Márquez: El viaje a la semilla, la biografía,Publicado en 1997, ISBN 978-8-42048-250-7 Dasso Saldívar dá ata catro versións da orixe da palabra Macondo (pp. 115-117):

A primeira, semella a máis importante, sinala que Macondo era o nome da facenda Nuestra Señora del Espíritu Santo de Aracataca, propiedade de Manuel Dávila García, localizada sobre o río Sevilla, próxima á vila homónima. Do mesmo xeito sinálase que a orixe da palabra Macondo, en terras americanas, é un fitónimo de orixe bantú para plátano. Macondo viría de makonde, plural de likonde, voz coa que é designada a froita na milenaria lingua centroafricana, e que literalmente vén significar «alimento do Diabo». Mais na rexión do Caribe colombiano o nome pasou co tempo a designar un tipo de árbore (Cavanillesia platanifolia), de madeira moi apreciada, sometida á sobreexplotación e confinada á Serra Nevada de Santa Marta xa a comezos do século XX. Así mesmo, afírmase que existía un poboado no municipio de Pivijay co nome de Macondo. Saldívar non é claro ao respecto de sinalar se existe unha relación entre o nome da facenda e a vila que se formou en Pivijay, pero deixa entrever que existe unha relación de proximidade física entre poboado e leira, o que podería insinuar unha traslación do nome do primeiro á segunda, xa que afirma que o asentamento é anterior á facenda (p. 116). Finalmente, Macondo é o nome dun xogo de azar común nas festas da rexión. É descrito como unha sorte de bingo, que se xogaba cun trompo que levaba gravadas seis figuras nas costas, unha delas, e coa que se vencía no xogo, era xustramente o gravado dunha árbore macondo.

A máis acertada podería ser a descrita polo propio García Márquez na autobiografía Vivir para contarla (2002), onde señala que Macondo era o nome dunha leira bananeira próxima a Aracataca e que, sen ter certeza da súa orixe, chamáralle a atención dende cativo, aínda que só de adulto descubrira que fora pola súa sonoridade poética.

Referencias literarias

Historia A poboación de Macondo foi fundada por José Arcadio Buendía e os membros da súa expedición; formada por varios amigos, as súas mulleres e fillos.Cien años de soledad. Ediciones Orbis, 1982. Páxina 32 O seu obxectivo era cruzar as montañas cara ao oeste, buscando unha saída ao mar. O lugar da fundación foi aquel onde unha noite, tras deambular durante 26 meses, José Arcadio Buendía soñou cunha cidade ruidosa con casas de paredes de espello, de nome Macondo.Cien años de soledad. Ediciones Orbis, 1982. Páxina 33

Localización Macondo foi construído na beira dun río «cun leito de pedras puídas, brancas e enormes como ovos prehistóricos».Cien años de soledad. Ediciones Orbis, 1982. Páxina 9 Sitúase ao occidente de Riohacha, separado por unha serra case impenetrable. Ao sur, a vila limita coas lameiras e pantanos cubertos «dunha eterna nata vexetal»; ao oeste atópase a Ciénaga Grande, que segundo os relatos dos xitanos que visitan Macondo cada ano, é unha extensión acuática sen horizontes habitada por cetáceos de pel delicada, con torso e cabeza de muller, que causan a ruína dos mariñeiros. Ao norte, unha expedición formada polo seu fundador, primeiro, atopou un terreo dócil, mais logo por moito tempo camiñaron por pantano e selva tupida, ata que finalmente atoparon auga, polo que se chegou a crer que Macondo era unha península.

Lugares de interese

A casa dos Buendía, onde se desenvolve gran parte da trama de Cien años de soledad, ampliada en sucesivas ocasións para albergar aos descendentes, cónxuxes e tamén visitantes. Nela está situada o laboratorio de alquimia O laboratorio de alquimia de José Arcadio Buendía, que contén a instrumentación traída polo xitano Melquíades despois de percorrer os sete mares. Nel pasa gran parte do día José Arcadio, primeiro, e posteriormente algúns dos seus descendentes, en traballos de alquimia e pratería (pratería de onde saen os peixiños de ouro do coronel Aureliano Buendía). O cemiterio, construído para enterrar ao primeiro morto de Macondo. O cuartel, tomado polas forzas do goberno nunha das trinta e dúas guerras nas que participou o coronel Aureliano Buendía.

Novelas nas que aparece Macondo La hojarasca, que transcorre en Macondo. El coronel no tiene quien le escriba, que transcorre nunha vila próxima a Macondo, anos despois da revolución. Los funerales de la Mamá Grande, onde tamén se dan detalles sobre a vila. La mala hora, nunha vila preto de Macondo. O pai Ángel di que el antes negara cristiá sepultura a un doutor, o que se suicida en La hojarasca. Cien años de soledad, que conta a historia da familia Buendía en Macondo. Crónica de una muerte anunciada, na que se menciona a vila. Vivir para contarla, autobiografía do autor. McOndo, antoloxía de contos que ironiza co nome de Macondo, rexeitando a xeración do realismo máxico. El sol brilla por la noche en Cachemira, na que o protagonista desexa estar en Macondo e facer realidade un soño. La vida instrucciones de uso, de Georges Perec, describe unha foto dos Louvet en Macondo. La increíble y triste historia de la cándida Eréndira y de su abuela desalmada, na que a vila é visitada pola avoa, por Eréndira e pola súa caravana.

Contos El monólogo de Isabel viendo llover en Macondo (1955).

Notas

Categoría:Literatura de Colombia Categoría:Gabriel García Márquez