O ravo, de nome científico Raphanus sativus, é unha hortaliza bianual da familia das Brasicáceas, cultivado polos seus característicos hipocotilos, (a parte do talo situado baixo os cotiledóns) de consistencia carnosa. O ravo consómese normalmente cru, sobre todo en ensaladas. O termo designa tamén por extensión á planta que o produce. Os seus froitos preséntanse nunha especie de cápsulas chamadas sílicuas.
Variantes miniatura|230px|esquerda|Ravos de bulbo alongado. miniatura|200px|dereita|Ravos de bulbo redondo. A parte comestible, un bulbo de polpa branca, é a parte subterránea e inchada do talo, a que queda xusto enriba da raíz. Pódense atopar ravos de pela de cores varias que van dende o vermello ata o branco, pasando polos rosas, brancos cinsentos, ou mesmo brancos rotos dalgunhas variedades. De calquera forma, o vermello é a variante máis coñecida e corrente. Do mesmo xeito, e dentro da mesma especie, a forma do bulbo tamén pode variar, polo que podemos atopar ravos redondos, ou ben de forma alongada. Existe unha gran variedade de ravos de pela amarela, que teñen un sutil sabor a limón. O ravo negro (Raphanus sativus var. niger) (ás veces chamado incorrectamente ravo picante, aínda que non pertenza ó seu mesmo xénero) é unha variante de tamaño moito maior e de sabor máis picante. Porén, o ravo branco xigante xaponés, tamén chamado daikon ten un sabor doce.
Consumo Esta hortaliza é rica en vitamina C e posúe propiedades aperitivas e estimulantes, se ben resulta pouco dixestivo se non se deixou alcanzar a madureza.
O bulbo consómese xeralmente cru en ensalada, pero outras especies máis duras poden ser cocidas ó vapor. A carne crúa ten unha textura crocante e un sabor picante en maior ou menor medida segundo a variante do ravo. O "picante" do gusto pódese eliminar retirando a pel externa. O ravo é máis picante canto maior teña sufrido unha falta de auga durante o seu crecemento.
Categoría:Hortalizas Categoría:Raphanus Categoría:Órganos de almacenamento vexetais Categoría:Raíces e tubérculos comestibles