A igrexa de San Mamede de Carnota é o templo parroquial de San Mamede, no concello de Carnota.

Arquitectura De estilo neoclásico, ten planta de cruz latina. Construíuse seguindo os planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro no ano 1755.

No seu interior conserva interesantes retablos dos mestres composteláns Francisco Nogueira e Pablo de Rosende, pero destaca sobre todo o labrado polos escultores noieses Xosé Ferreiro e Xosé Gambino.

A entrada atópase rodeada de lápidas que, seguindo o costume popular, están orientadas cara ao altar.

Preto da igrexa está o hórreo de Carnota, un dos máis longos de Galicia.

Carnota San Mamede Categoría:Carnota