A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2019 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos 4 concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz, Larouco e Chandrexa de Queixa; á parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Demografía
Censo total 315 (2020) Menores de 15 anos 15 (4.78 %) Entre 15 e 64 anos 150 (47.62 %) Maiores de 65 anos 150 (47.62 %)
Paisaxe É un concello dunha paisaxe moi fermosa: a 1 km da vila existe unha excelente vista dos canóns do Sil. Presenta verdes prados e montañas nas que a árbore predominante é o castiñeiro.
Economía A agricultura é a base da economía, predominando o viñedo: nos últimos anos creáronse moitas adegas que producen viño coa denominación de orixe Ribeira Sacra.
Parroquias
Lugares da Teixeira Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Teixeira vexa: Lugares da Teixeira.
Notas
Véxase tamén
Eleccións municipais na Teixeira
Categoría:A Teixeira