Ñu é un grupo de heavy metal español liderado polo cantante e flautista José Carlos Molina, inspirado na música do grupo de rock británico Jethro Tull e do seu líder, Ian Anderson. Conta cunha das maiores traxectorias no seu xénero musical en España.
A orixe do grupo remóntase a 1975 cando José Carlos Molina e Rosendo Mercado cambiaron o nome de Fresa ao de Ñu.
O nome de Ñu parece ser unha reivindicación á Ñ española xa que naquela época case ningún grupo de rock facía letras en castelán e tamén porque o nome "víase grande" nun cartel dun concerto, como afirma Molina.
A marcha de Rosendo Mercado, tras ser substituído pola súa ausencia para realizar o servizo militar e fundar o mítico grupo Leño, deixa a José Carlos Molina como único líder do grupo.
Discografía Cuentos de ayer y de hoy (1978) A golpe de látigo (1980) Fuego (1983) Acorralado por ti (1984) No hay ningún loco (1986) El mensaje del mago (1987) Vamos al lío!!! (1988) Dos años de destierro (1990) Imperio de paletos (1992) La danza de las mil tierras (1994) 20 años y un día (1995) La taberna encantada (1997) La noche del juglar (1999) (Especial edición limitada 1.000 copias) Cuatro gatos (2000) Colección (2001) Requiem (2002) Esperando (2002) Títeres (2003)
Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Foro oficial do grupo El Loco de la Granja (Páxina non oficial)
Nzu Nzu Nzu