Cucharada foi un grupo de rock madrileño de finais da década de 1970. Contaban cunha posta en escena moi teatral e as súas letras tiñan un alto contido de crítica á sociedade civil da época.
Historia Comezaron tocando no Metro de Madrid e grazas ao colectivo artístico Lacochu lograrían participar no disco colectivo Viva el rollo co tema "Social peligrosidad", unha canción con implicacións de denuncia social. O 5 de xuño de 1978 publicábase o correspondente single. Tres meses despois, en setembro de 1978, actuaban por primeira vez no Festival de Rock en Madrid, xunto a outros grupos tamén debutantes coma Leño ou Coz.www.elpais.com
Teddy Bautista produciu o seu primeiro LP, titulado El limpiabotas que quería ser torero (1979), e que contou con colaboracións como as de Hilario Camacho e Moncho Alpuente. Foi precisamente 1979 o seu ano de maior esplendor, con múltiples actuacións en salas madrileñas e boa acollida por parte da crítica, que se expresaba nos seguintes eloxiosos termos: Representan a nova onda do rock madrileño e, pese á súa xuventude, conseguen realizar xa moi boas cousas www.elpais.com. Nos anos seguintes continuaron a súa marcha polos escenarios madrileños, e en xullo de 1981 foron abreconcertos de Chuck Berry.
De estética rompedora e cualificados coma grupo underground , con influencias de Led Zeppelin, souberon facerse un lugar no entón incipiente movemento cultural chamado Movida madrileña, chegando a ser cualificados pola crítica coma Un dos máis respectados de Madrid, grazas á súa posta en escena e á súa competencia www.elpais.com.
Con todo, nunha época de enorme efervescencia musical en Madrid, os grupos non adoitaban durar demasiado tempo, e Cucharada non foi unha excepción. Pouco despois da entrada de Jaime de Asúa na banda , e editar un novo sinxelo chamado Quiero bailar Rock And Roll terminarían disolvéndose en 1981, aínda que algúns dos seus compoñentes integráronse nun novo grupo chamado Alarma!!!.
Membros Manolo Tena - Voz e baixo Antonio Molina Ramírez - Guitarra Jesús Vidal - Guitarra José Manuel Díaz - Batería e voz
Discografía Álbums El limpiabotas que quería ser torero - (1979)
Sinxelos Social peligrosidad - (1978) Quiero bailar Rock And Roll - (1980)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alarma!!!
Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de rock