Aerolíneas Federales é un grupo musical formado en Vigo como un proxecto paralelo de Miguel Costas, membro e fundador de Siniestro Total, no ano 1981. A banda disolveuse a principios dos anos 90 tras publicar 5 álbums de estudio, pero en 2011 reuniríase novamente realizando concertos esporadicamente e publicando un par de traballos recompilatorios e un álbum ao vivo.
Historia O grupo foi formado en Vigo en 1981 por Miguel Costas e os seus amigos Flechi (Juan Dotras Pardo) e Silvino Díaz.Biografía de Aeorlíneas Federales Nos seus inicios traballaban con guitarra, baixo e caixa de ritmos, pero en 1983 incorporouse ao grupo o batería Luis Santamarina e Flechi pasou a ser o cantante da banda. Ese mesmo ano, gañaron o concurso de rock de Radio 3 na Coruña e Flechi abandonou o grupo para liderar a formación Las Termitas. Flechi morreu dun infarto en Londres no ano 2002.
A seguinte formación da banda estivo composta por Miguel Costas, Silvino, Luís e dúas mozas, Coral Alonso e Rosa Costas, irmá de Miguel, realizando cancións con guitarras potentes e letras divertidas, sendo nalgúns casos surrealistas. Esta formación lanzaría os catro primeiros álbums da banda, o homónonimo Aerolíneas Federales (1986), Hop hop (1987), Tomando tierra (1988) e Échame sifón (1989), todos eles a través da discográfica DRO.
Coral deixou a banda tras o cuarto disco e foi substituída por Silvia Superstar. Con Silvia o grupo publicou o seu derradeiro álbum de estudio, Una o ninguna, en 1991. Miguel Costas acabou índose tamén; o grupo completo desapareceu a mediados dos 90, logo dunhas colaboracións no programa Xabarín Club, da televisión de Galicia. Miguel Costas formou o grupo Os Feliz, mentres que Silvia engadiuse Superstar e foise ás Killer Barbies.
Na primavera do ano 2011 a banda reuniuse novamente para realizar dous concertos en Lima, e no mes de novembro confirmaron unha nova actuación en Barcelona. O 20 de febreiro de 2012 o selo Elefant Records editou unha colección de maquetas do grupo, titulada Hasta el final y más allá… Demos 1983-1993, que foi o primeiro recompilatorio da serie Recuerdos que olvidé.
No ano 2015 a banda publicou a través do selo Lemuria Music o recompilatorio de oito temas @AAFF#715. En xaneiro de 2016 Aerolíneas Federales realizou un concerto con Los Nikis na madrileña sala Arena e a actuación sería publicada en novembro dese mesmo ano nun disco titulado No todo es lo que parece.
Discografía O grupo sacou ó mercado cinco álbums ó longo da súa carreira e tras a súa reunión en 2011 publicaría dous recompilatorios e un álbums ao vivo: Álbum Ano Selo Notas Aerolíneas Federales 1986 DRO estudio Hop hop 1987 DRO estudio Tomando tierra 1988 DRO estudio Échame sifón 1989 DRO estudio Una o ninguna 1991 BMG-ARIOLA estudio Hasta el final y más allá… Demos 1983-1993 2012 Elefant Records recompilatorio @AAFF#715 2015 Lemuria Music recompilatorio No todo es lo que parece 2016 Lemuria Music ao vivo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Movida viguesa
Ligazóns externas Páxina web oficial Videoclip da súa canción "Non todo é o que parece", emitido no Xabarín Club.
Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Movida viguesa Categoría:Grupos musicais do Xabarín Club Categoría:Grupos de rock en galego