Monterrei é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O xentilicio é ou montederrense.

Xeografía O concello, situado na comarca de Verín, ten unha superficie de 119 km². Limita ao norte con Laza e Castrelo do Val, ao sur con Portugal, ao leste con Verín e ao oeste con Oímbra. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. O punto máis elevado é o Pico de Meda (1.091 m), nos montes de Meda.

Demografía O concello viviu o seu maior esplendor demográfico na década de 1940. A partir dese momento comezou unha grande emigración, en tres fases: cara a América, cara a Europa, e cara ás zonas industrializadas de España. Isto levou ao concello á perda de case a metade da poboación, principalmente na década de 1960. Albarellos e Vilaza son as parroquias máis poboadas.

Censo total (habitantes) 2809 (2014) Menores de 15 anos 155 (5,52 %) Entre 15 e 64 anos 1487 (52,94 %) Maiores de 65 anos 1167 (41,54 %)

Monterrei na literatura popular De ise outro lado do río/ ouvín cantar e chorei,/ eran os estudeantes/ que ían pra Monterrei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 68. No orixinal: choréi. Os xesuítas tiveron en Monterrei unha escola de moita sona desde o século XVI.. Do outro lado do río/ ouvín cantar e chorei:/ eran os meus amoriños/ que ían pra Monterrei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: choréi.. Do outro lado do río/ ouviuse cantar un rei:/ era un estudiantiño/ que ía pra Monterrei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72). Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela seixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón..

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Monterrei Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterrei vexa: Lugares de Monterrei.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Denominación de Orixe Monterrei Castelo de Monterrei

Ligazóns externas Vista de satélite de Monterrei en Wikimapia

Categoría:Monterrei