Otto Adolf Eichmann, nado no Imperio Alemán o 19 de marzo de 1906 e finado en Israel o 31 de maio de 1962, foi un oficial alemán-austríaco do Partido Nazi, membro da Schutzstaffel (SS) e un dos principais organizadores do Holocausto. Participou na Conferencia de Wannsee de xaneiro de 1942, na que se planificou a despregadura da Solución Final á Cuestión Xudía. Despois disto, foi encargado polo SS-Obergruppenführer Reinhard Heydrich de facilitar e xestionar a loxística envolta na deportación masiva de xudeus a guetos e campos de exterminio nazis en toda a Europa ocupada polos alemáns.
Traxectoria Eichmann ingresou no Partido Nazi austríaco o 1 de abril de 1932 co número de afiliado 899 895. O mesmo día ingresou na SS, co número de afiliado 45 325.
Era o encargado da deportación de xudeus da Hungría para campos de concentración.
Despois da segunda guerra mundial, Eichmann fuxiu para a Arxentina, pero foi localizado naquel país polo Servizo Secreto Israelí. Capturado en 1961, foi enviado a Xerusalén onde foi xulgado por crimes de guerra e condenado a morte na forca. Foi executado o 31 de maio de 1962.
Categoría:Personalidades do Terceiro Reich Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Nados na rexión de Düsseldorf Categoría:Executados Categoría:Aforcados