Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985, é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín RivasMartín Rivas nació en un café.. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.

Traxectoria Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel secundario, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasoles cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.

Vida persoal Fillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.

Mantivo unha relación coa actriz Irene Escolarhttp://www.poprosa.com/2008/04/25-martin-rivas-y-su-nueva-novia.

En 2017 comezou unha relación con Kayoko Everhart, modelo e bailarina de orixe afroxaponesa da Compañía Nacional de Danza coa que tivo unha filla.

Desde 2020 mantén unha relación coa modelo francesa Lily Fofana, é filla do exfutbolista marfileño Youssouf Falikou Fofana e a ex do YouTuber Sneako co que rompeu en 2020.

Martiño decidiu castelanizar o seu nome por Martín porque non o entendían en Madrid.

Filmografía + Filmes Ano Título Papel Notas 2008 Os xirasoles cegos Lalo Drama dirixido por José Luis Cuerda 2013 Gente en sitios MartiñoComedia dirixida por Juan Cavestany 2013 Tres bodas de más DaniComedia romántica dirixida por Javier Ruiz Caldera 2014 Por un puñado de besosDaniDrama romántico dirixido por David Menkes

+ Televisión Ano Título Papel Notas 1998-2000 Mareas vivas Dani 22 episodios 2006-2007 SMS Moisés 5 episodios 2006-2008 Maridos e mulleres David 21 episodios 2007-2010 El internado Marcos Novoa Pazos 71 episodios 2012-2013 El don de Alba Pablo Escudero 13 episodios 2014 Romeo and Juliet Romeo Miniserie2016Web TherapyMario González2 episodios2017Sé quien eresMarc Castro16 episodios2017-2020Las chicas del cableCarlos Cifuentes37 episodios2022Fuerza de pazIgnacio Moreno2023Nacho Vidal, una industria XXLNacho Vidal

Curtametraxes Puzzle (2004). Curtametraxe gravada en Santiago de Compostela. Atopeite (2006). Dirixida por Susana Pérez. Universos (2009). Dirixida por José Corbacho e Juan Cruz. Como Álex.

Obras de teatro Drácula (2007) de Bram Stoker. Dirixida por Eduardo Bazo e Jorge de Juan e protagonizada por Emilio Gutiérrez Caba e Ramón Langa, entre outros. Como Jonathan Harker. La Monja Alférez (2013) de Domingo Miras. Dirixida por Juan Carlos Rubio. Centro Dramático Nacional. Cuestión de altura (2014) de Sandra García Nieto. Dirixida por Rubén Cano. Como Rubén. Teatro Español Jauría (2019-2021) de Jordi Casanovas. Dirixida por Miguel del Arco. Como Antonio Guerrero. Teatro Kamikaze y Gira.

Premios e nomeamentos Premios Goya +AnoCategoríaFilmeResultado2008Mellor actor revelaciónOs xirasoles cegosNomeado

Festival de cine e telivisión Islantilla +AnoCategoríaFilmeResultado2009Camaleón de honra (premio revelación)El internadoGañador

Premios Vieira de Prata +AnoCategoríaFilmeResultado2008Mellor actor revelaciónEl internadoGañador

Premios EP3 +AnoCategoríaFilmeResultado2008Mellor actor revelaciónOs xirasoles cegosGañador

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Martiño Rivas en AAG Martiño Rivas en AVG Web non oficial do actor

Categoría:Actores de Vimianzo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores infantís de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1985 Categoría:Modelos masculinos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela