Iurii Markovich Nagibin (en ), nado o 3 de abril de 1920 e finado o 17 de xuño de 1994, foi un xornalista, escritor e guionista ruso.
Traxectoria Estudou no Instituto Cinematográfico da URSS, interrompeu os estudos pola segunda guerra mundial e foi ferido en combate en novembro de 1942 e logo foi correspondente militar en diversas frontes. Autor de moitos relatos, a primeira recompilación publicouna en 1943, Человек с фронта (O home da fronte). Como guionista o seu traballo máis coñecido é o guión de Dersu Uzala dirixido por Akira Kurosawa.
Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1994