Os cibarcos ou cabarcos (en ) eran un pobo galaico da Gallaecia, situado por Plinio (Nat. Hist., 4, 20, 111) no Convento xurídico lucense e que cita, en orde, despois dos albións e antes dos egobarros. Segundo J. L. Maya, estes tres pobos estaban constituídos por diversos castros vinculados ou confederados entre eles.
Redución xeográfica Asígnaselles territorio costeiro, en torno ao actual Ribadeo, de xeito que o río Eo os separaría dos albións, mentres máis a Occidente se localizarían os egobarros. A identificación, xa desde Benito Vicetto, na súa Historia de Galicia, apóiase na continuidade do seu nome nas dúas freguesías denominadas Cabarcos (San Xulián de Cabarcos e San Xusto de Cabarcos), sitas no concello de Barreiros. Identificación que logo manterían Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas e outros. Aínda con interrogantes é mantida polo francés A. Tranoy.
Porén, Santos Yanguas sitúa os cibarcos no centro costeiro que vai entre o río Navia e o Eo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas Bibliografía Schulten, Adolf, Los cántabros y astures y su guerra con Roma. Madrid. Espasa Calpe. 1945 Cuevillas, Florentino L., Prehistoria, t. III, in Otero Pedrayo, Ramón, Historia de Galiza, reimpresión. Madrid. Edit. Akal. 1980 Tranoy, A., La Galice Romaine: Recherches sur le Nord-Ouest da la Péninsule Ibérique dans l'Antiquité. París. Diffusion de Boccard. 1981. Santos Yanguas, Narciso, La romanización de Asturias. Madrid. Edic. Istmo. 1992
Categoría:Galaicos Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia