O 11 de novembro é o tricentésimo décimo quinto (315º) día do ano do calendario gregoriano e número 316 nos anos bisestos. Quedan 50 días para rematar o ano.

Acontecementos 1100 - Henrique I de Inglaterra casa con Matilda de Escocia, a filla de Malcolm III de Escocia. 1500 - Tratado de Granada entre Fernando o Católico e Lois XII de Francia polo cal reparten Italia. 1875 - A primeira expedición de misioneiros salesianos partiu de Turín ata América do Sur. 1889 - O estado de Washington únese ós Estados Unidos como o 42º estado. 1918 - Alemaña réndese aos aliados. A primeira guerra mundial causou 8 millóns de mortes. 1918: Polonia acada a independencia. 1927 - Supresión do sistema parlamentario en Italia. 1949 - Ramón Otero Pedrayo fai a primeira intervención en galego nun acto público de posguerra, da que se ten constancia, nun acto celebrado no Posío (Ourense), polo centenario do nacemento de Valentín Lamas Carvajal. 1975 - Angola acada a independencia. 1998 - A compañía CRTVG (que comenzara as súas emisións no 1985), inicia as emisións do Teletexto por Vía Dixital. 1998 - Primeiro correo electrónico enviado desde Galicia, entre a Facultade de Física de Santiago de Compostela e Alemaña "Aquel primer 'e-mail' gallego", en La Voz de Galicia 24.11.2020. 2011 - Lukas Papademos substitúe a Yorgos Papandreu como primeiro ministro grego.El nuevo Gobierno griego toma las riendas..., El País . 2011 - O premio Nobel de Química en 2005, Richard R. Schrock, estivo de visita en Fisterra invitado polo físico baiense Jorge Mira.Nova visita dun Nobel a Fisterra en La Voz de Galicia

Nacementos miniatura|100px|Fiódor Dostoievski. miniatura|100px|Luz Casal. 1154 - Sancho I, rei de Portugal. 1473 - Frei Bartolomé de las Casas. 1748 - Carlos IV, rei de España. 1821 - Fiódor Dostoievski, escritor ruso. 1863 - Paul Signac, pintor neoimpresionista francés (m. 1935). 1866 - Antoine Meillet, lingüista francés. 1883 - Ramón Salgado Toimil, mestre e pedagogo galego (m. 1942). 1898 - René Clair, cineasta. 1899 - Joan Oliver (Pere Quart), escritor. 1904 - Alger Hiss, funcionario e espía estadounidense. 1909 - Robert Ryan, actor. 1917 - Manuel Alexandre, actor español (m. 2010). 1922 - Kurt Vonnegut, escritor estadounidense (m. 2007). 1924 - Luis Martín-Santos, escritor en lingua castelá. 1928 - Carlos Fuentes, escritor mexicano (m. 2012). 1929 - Hans Magnus Enzensberger, poeta e ensaísta alemán. 1936 - Alberto Vázquez-Figueroa, novelista español. 1942 - Juan Pardo cantante galego de orixe mallorquina. 1945 - Daniel Ortega, presidente de Nicaragua. 1957 - Ana Pastor Julián, política española. 1958 - Luz Casal, cantante galega. 1962 - Demi Moore, actriz estadounidense. 1966 - Benedicta Boccoli, actriz teatral italiana. 1978 - Emma Pedreira, escritora galega.

Mortes miniatura|100px|Julien Offray de La Mettrie. 565 - Xustiniano, emperador romano. 1285 - Pedro III, rei de Aragón. 1677 - Barbara Strozzi, cantante e compositora italiana (n. 1619). 1751 - Julien Offray de La Mettrie, filósofo e médico francés. 1810 - Johann Zoffany, pintor neoclásico alemán (n. 1733). 1817 - Francisco Javier Mina Larrea, militar español na Guerra da Independencia e loitador pola independencia de México. 1855 - Søren Kierkegaard, filósofo dinamarqués. 1882 - Estanislao Figueras, político español (n. 1819). 1908 - Manuel Vázquez de Parga, avogado e político galego (n. 1828). 1912 - José Canalejas Méndez, político ferrolán, xefe do Goberno de España. (asasinado). 2003 - Miquel Martí i Pol, escritor, poeta e tradutor catalán. 2004 - Yaser Arafat, líder da Autoridade Nacional Palestina. 2024 - Frank Auerbach, pintor alemán e británico (n. 1931)

Festas e celebracións dereita|miniatura|Cartel da Festa do San Martiño de Sobral (Gustei, Coles), 1981.

Día das Librerías O Magosto, festa patronal da cidade de Ourense Día do Peón, porque Polo San Martiño, peóns ao camiño La Voz de Galicia, 7.12.2016.. Día do Solteiro (ou Single Day) . Outra data para celebrar o Día do Solteiro foi o 13 de febreiro, a véspera do afamado Día dos Namorados. Festa da Tradición na Arxentina. En homenaxe polo falecemento de José Hernández, senador e escritor arxentino con raíces federais, autor do poema nacional Martín Fierro.

Outros Santoral: San Martiño de Tours, patrón de Ourense; festividade que a tradición marca para a mata do porco. San Teodoro Estudita.

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Novembro