A historia da filosofía estuda e describe o desenvolvemento do pensamento filosófico ao longo do tempo nas diversas sociedades de todo o mundo.

A filosofía occidental, orixinada na Grecia antiga do século VI a. C., centrouse inicialmente na natureza fundamental do cosmos e expandiuse para abarcar temas como a ética, a epistemoloxía e a natureza da mente. occidental desde as súas orixes na Grecia. Considérase que a constitución da historia da filosofía como disciplina autónoma e específica só acontece desde principios do século XIX. Antes deste momento existen diversas publicacións de carácter histórico e filosófico, pero non posúen o rigor e cientificidade propios dos historiadores da filosofía.

Durante a Idade Media, a filosofía influenciada pola teoloxía acadou novos enfoques, mentres que o Renacemento marcou un retorno á tradición grega e á emerxencia do humanismo. Coa Idade Moderna, a filosofía baseouse na creación de coñecemento científico e na razón, influíndo no Iluminismo. Os séculos XIX e XX viron o xurdimento de correntes como o idealismo alemán, o pragmatismo, o positivismo, a lóxica matemática moderna, a fenomenoloxía, o existencialismo e o posmodernismo entre moitas outras correntes.

A filosofía islámica, profundamente influenciada por pensadores gregos, acadou o seu apoxeo na Idade de Ouro islámica, centrando moito do seu debate na relación entre razón e revelación.

A filosofía india, enraizada nos vedas, desenvolveu escolas ortodoxas e heterodoxas que trataron a realidade, o coñecemento e a iluminación espiritual, influíndo en correntes hindús e budistas.Radhakrishnan, S. & Moore, C. A. (1989). A Source Book in Indian Philosophy. A filosofía chinesa, marcada por sistemas como o confucianismo e o taoísmo, centrouse na conduta social, o goberno e a auto-cultivación. Co tempo, a filosofía chinesa incorporou o pensamento budista, evolucionando en escolas como o neoconfucianismo.Fung, Y.-L. (1997). A Short History of Chinese Philosophy.

Outras tradicións como a filosofía xaponesa, a filosofía latinoamericana e a filosofía africana (por exemplo a antiga filosofía exipcia, moi vinculada á grega, pero tamén o pensamento doutras sociedades de África) tamén contribuíron á historia da filosofía, ampliando o abano de perspectivas sobre cuestións fundamentais da existencia e do coñecemento.

Historia

Concepto Esta disciplina atópase nunha posición ambigua e intermedia entre a historia e a filosofía. Algúns autores, por exemplo Wilhelm Dilthey, consideran que non é máis que unha rama particular da historia xeral. En consecuencia, sería unha ciencia histórica, tendo como función expoñer o máis fielmente posible o pensamento dos filósofos habidos ó longo do tempo, pero non sería filosofía, isto é, unha actividade creadora e produtora de filosofía. O cultivador desta disciplina sería un historiador, pero non un filósofo. Así considerada, a historia da filosofía estaría exposta ós problemas típicos dunha disciplina histórica calquera: determinación das fontes, recolección e ordenación de datos, obxectividade expositiva etc.

Outros autores, en cambio, consideran que a filosofía é esencialmente historia da filosofía, isto é, ninguén pode crear filosofía se non entronca os seus pensamentos dentro da propia tradición filosófica dándolles continuidade e ó mesmo tempo transformándoos a través dun selo persoal. Nesta última concepción podería encaixar, por exemplo, Hegel. Para este último só a historia da filosofía que é tamén filosofía merece ser considerada como tal. Desde esta perspectiva a historia da filosofía coincide coa filosofía mesma, non sendo esta outra cousa que a acumulación do pensamento crítico e racional da humanidade. En toda época a filosofía sería a súa historia, é dicir, historia da filosofía.

Guiado pola perspectiva de dar continuidade á historia da filosofía, o filósofo alemán do século XIX Wilhelm Windelband cría que a única maneira de acadalo consistiría en expoñer a historia dos problemas filosóficos (Problemsgeschichte), e non dos filósofos, posto que aqueles serían o único estable e permanente na historia do pensamento.

De todas as maneiras, a tendencia dominante na maioría dos actuais historiadores da filosofía é a concepción historicista, máis que a filosófica ou a Problemsgeschicte.

Filosofía occidental En canto á división das distintas etapas históricas polas que atravesa a filosofía, aínda que non hai pleno consenso en canto a cuestións de detalle, acoastúmanse establecer, a grandes trazos, catro períodos, entre os que non hai auténtica ruptura, senón máis ben cada período destes xorde como consecuencia de vicisitudes sociais que, no plano intelectual, prolongan e reformulan o pensamento de etapas anteriores. É así que se establece a seguinte división: filosofía antiga (Grecia e Roma clásicas), filosofía medieval (patrística e escolástica), filosofía moderna (dende Descartes ata a morte de Hegel. Respecto deste período di Russell: está máis dominado pola ciencia que ningún anterior; as crenzas relixiosas tradicionais conservan a súa importancia, pero séntese a necesidade de xustificalas, e modificalas onde queira que a ciencia parece impor esta esixencia) e filosofía contemporánea (dende as grandes reaccións contra o sistema hegeliano ata os nosos días). Así mesmo, é frecuente sinalar o Renacemento (século XV e XVI) como período intermedio e transitorio entre o medievo e a modernidade.

En cada unha destas etapas domina, á súa vez, un determinado punto de vista filosófico que, en certa medida, xustifica a división: o problema da natureza (physis) nos antigos, a cuestión teolóxica (Deus) nos medievais, a teoría do coñecemento nos modernos e, por último, a complexidade do panorama contemporáneo diversificado en temas de antropoloxía, filosofía da linguaxe, filosofía da ciencia e filosofía política. <big>Filosofía grega Filosofía presocrática: conxunto heteroxéneo de filósofos e escolas filosóficas gregas anteriores a Sócrates.

Filosofía cosmolóxica: preocupación polo tema da fisis como único arché (s. VII a V a.C) Filósofos monistas: os filósofos fisiólogos e os monistas, consideran que á base de toda a realidade atópase un único principio. Neste grupo habería que incluír aos filósofos de Mileto (Tales, Anaximandro e Anaxímenes), Heráclito e Parménides; Escola milesia (milésica ou xónica): Tales (fundador): auga|Anaximandro: ápeiron | Anaxímenes: aire Escola de Éfeso: Heráclito: lume, reivindicación do devir Escola de Elea: Xenófanes de Cólofon: crítica ao antropomorfismo relixioso | Parménides: defensa do ser como inmutable e eterno | Zenón de Elea: aporías en contra da multiplicidade e o cambio

Filósofos pluralistas: Escola pitagórica: Pitágoras | Alcmeón | Hipócrates de Quíos | Arquites de Tarento Empédocles: auga, aire, terra e lume; amor e odio Anaxágoras: homeomerías; noûs Escola atomista: Leucipo | Demócrito

Filosofía antropolóxica: O home como preocupación básica (s. V a.C) Movemento sofista: escepticismo e relativismo: Protágoras de Abdera | Gorxias de Leontini Sócrates: intelectualismo moral e obxectivismo

Filosofía globalizadora e sistemática: preocupación por todos os temas filosóficos, pola realidade no seu conxunto (s. IV a.C).

Filosofía clásica: filosofía correspondente ao chamado Século de Pericles, momento no que esta disciplina chega ao seu máximo apoxeo no mundo grego. Sócrates, Platón (realista e fundador da Academia) e Aristóteles (fundador do Liceo).

Filosofía helenística: Tamén chamada alexandrina ou postaristotélica. Tratase da filosofía que florece durante o período helenístico. Preocupación polos temas morais, pescuda da maneira de ser feliz (finais do (s. IV a.C) ao (II a.C)

Académicos: continuadores da Academia de Atenas platónica.

Peripatéticos continuadores do Liceo aristotélico: Teofrasto | Estratón de Lampsaco | Aristoxeno | Satiro

Estoicismo: a virtude como ben supremo; a apatía. (Antiga e media Estoa): Zenón de Citio | Cleantes | Crisipo

Epicureísmo: hedonismo, Epicuro (fundador do epicureísmo no Xardín e tamén atomista)

Escépticos: Pirrón de Elis | Sexto Empírico

Cínicos: Dióxenes de Sinope | Crates de Tebas | Hiparquía

Megarenses ou megáricos:

Cirenaicos: Aristipo de Cirene

Helenismo xudeu: Filón de Alexandría (Vida contemplativa)

Neoplatonismo: Amonio Saccas | Plotino | Porfirio | Xámblico | Edesio de Capadocia | Plutarco de Atenas | Proclo | Damascio | Simplicio de Cilicia | Hipatia <big>Filosofía romanaEntre os romanos estaban moi difundidas as ideas do estoicismo, o epicureísmo e dos académicos. De feito, moitos pensadores deste período eran máis ben eclécticos. Neste sentido, o caso paradigmático é Cicerón.

Estoicos (nova ou tardía Estoa): Séneca | Marco Aurelio | Epicteto | Cicerón

Epicúreos: Lucrecio

Académicos: Cicerón | Boecio <big>Filosofía medievalNa medida en que o pensamento medieval estaba dominado por la fe cristiá, a filosofía perde a súa antiga autonomía e devén ancilla Theologiae, vale dicir, pasa a estar subordinada á teoloxía.

Patrística: Xustino Mártir | Clemente de Alexandría | Oríxenes | San Ireneu | Santo Agostiño | Tertuliano | Lactancio | Atanasio de Alexandría | Gregorio de Nisa | Basilio o Grande | Gregorio Nacianceno

Filosofía non cristiá: Alfarabi | Avicena | Avempace | Ibn Tufayl | Averroes | Maimónides | Abenarabi

Escolástica: Escoto Eríxena | Santo Anselmo | Pseudo Dionisio Aeropaxita | Duns Scoto | Tomé de Aquino | San Boaventura | Guillerme de Ockham | Francisco Suárez | Nicolao de Cusa <big>Filosofía renacentista Lorenzo Valla | Coluccio Salutati | Leonardo Bruni | Leon Battista Alberti | Erasmo de Rotterdam | Michel de Montaigne | Marsilio Ficino | Pico della Mirandola | Tomás Moro | Tomás Campanella | Francis Bacon | Giordano Bruno | Galileo Galilei <big>Filosofía modernaAs características fundamentais da filosofía da Idade Moderna foron unha renovada confianza do home nas súas facultades racionais, e unha progresiva secularización da cultura, o que significa unha cada vez menor importancia da condición relixiosa en favor da condición laica.

Filosofía política: Nicolás Maquiavelo | Jean Bodin | Thomas Hobbes | Montaigne

Racionalismo: Descartes | Spinoza | Leibniz | Pascal

Empirismo: Locke | Hume

Ilustración: Voltaire | Montesquieu | Rousseau

Idealismo: Berkeley | Kant | Fichte | Schelling | Hegel | Schopenhauer <big>Filosofía contemporáneaUtilitarismo: Bentham | Mill

Irracionalismo: Kierkegaard | Schopenhauer

Materialismo histórico: Marx | Materialismo dialéctico: Engels

Positivismo: Comte

Vitalismo: Bergson | Nietzsche | José Ortega y Gasset | Dilthey

Pragmatismo: William James | Dewey

Filosofía analítica: Russell | Carnap | Wittgenstein | Moore | Kripke | Nagel | Davidson | Putnam | Ryle | Austin | Strawson | Searle | Círculo de Viena | Escola de Berlín

Fenomenoloxía (en sentido moi amplo): Husserl | Merleau-Ponty | Scheler | Heidegger | José Ortega y Gasset | Xavier Zubiri

Existencialismo e filosofía da existencia :

Ateo: Camus | Sartre | Simone de Beauvoir | Merleau-Ponty Xudeu: Buber | Levinas Cristian: Jaspers | Marcel Agnóstico: Heidegger

Escola de Frankfurt: Horkheimer | Adorno | Walter Benjamin | Marcuse | Habermas

Hermenéutica: Gadamer | Ricoeur

Filosofía da ciencia: Popper | Kuhn | Feyerabend | Lakatos

Filosofía neoaristotélica: Neotomismo | obxectivismo| Antonio Rosmini | Jacques Maritain

Tradición Marxista: Lenin | Gramsci | Althusser | Karl Korsch | Lukács | Bloch

Filosofía posmoderna: | Deleuze | Derrida| (deconstruccionista) | Foucault | Cioran | Lyotard | Rorty | Vattimo

Notas

Véxase tamén Bibliografía Menciónanse aquí só algunhas das historias xerais da filosofía de maior difusión ou prestixio:

Abbagnano, N.: Storia della Filosofía, 1946-1955, 3 vol. Aróstegui, A.: Esquemas para una Historia de la Filosofía occidental, 1953 Bréhier, E.: Histoire de la Philosophie, 1926-1932, 2 vol. Copleston, F.: A history of Philosophy, 1963-1968, 8 vol.