Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996,"Dez anos da morte de Lois Pereiro", reportaxe en Vieiros en maio de 2006. foi un escritor e poeta galego. O ano 2011 dedicóuselle o Día das Letras Galegas."O Día das Letras do 2011 irá dedicado ao poeta monfortino Lois Pereiro" , nova en El Progreso o 26 de xuño de 2010."O Día das Letras 2011 estará adicado ao poeta Lois Pereiro", nova en Vieiros, 26 de xuño de 2010.

Traxectoria Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou nos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia, xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.Facsímile da revista Loia.

Na súa estadía en Madrid, contraeu o síndrome do aceite tóxico tras consumir unha garrafa comprada a un vendedor de butano. A doenza marcouno de por vida, deixándoo desfigurado e débil. Regresou a Monforte, onde caeu nunha adicción á heroína que arrastraría durante anos.

Cara a 1981 marchou vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste período entrou en contacto con poetas como Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel. Participou en antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborou en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta Náufragos do Paradiso. A súa obra tamén se espallou na música, participando en letras do grupo do seu irmán Xosé Manuel, Radio Océano.

En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e, sobre todo, de televisión tanto convencional (episodios de Dallas, Kung Fu e a primeira tempada d'Os novos) como porno.

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia. Inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no número 27 de Luzes de Galiza. miniatura|Caricatura de Lois Pereiro Canto ás causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepática. Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, a causa do seu pasamento foi a intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.<ref>Ficha do autor en Mundolois.gl</ref>

Recoñecemento miniatura|esquerda|180px|Casa da Cultura de Monforte de Lemos miniatura|Fundación Luis Seoane cun cartel dunha exposición de Lois Pereiro co gallo do Día das Letras Galegas que se lle adicou o ano 2011 Os últimos anos víñase reivindicando a dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta monfortino. No marco desa campaña situouse unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e éuscaro, xunto cos textos orixinais."Todo o que desprezamos na literatura galega poñémolo fronte a Lois Pereiro para que el o ataque"Lois Pereiro, a encarnación dunha xeración , reportaxe de Aarón López en El Progreso.

Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas de 2011. A Academia apreciou:

En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:

O concello de Monforte, a súa vila natal, declarou o 2015 como Ano Lois Pereiro. Homenaxeou o escritor con diferentes actos e deulle o seu nome á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.

Exemplo da súa lírica Velaquí uns versos dun dos seus poemas, o epitafio da súa tumba en Santa Cristina do Viso (O Incio):

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".

Obra miniatura|Cartel no concello de Carral en lembranza do Día das Letras Galegas de 2011, adicado a Lois Pereiro Poesía Poemas 1981/1991 (1992, Edicións Positivas) Poesía última de amor e enfermidade (1995, Edicións Positivas). Foi traducida ao español, ao éuscaro e ao italiano Poemas para unha Loia (1997, Espiral Maior) Antoloxía (2011, Galaxia). Obra poética completa (2011, Edicións Xerais) Obra completa (edición bilingüe galego-castelán) Tradución de Daniel Salgado (2011, Libros del Silencio). Prólogo de Pere GimferrerCollected Poems (obra poética completa en inglés) Tradución de Jonathan Dunne (2011, Small Station Press) Sabrani stihotvoreniya (obra poética completa en búlgaro) Tradución de Tsvetanka Elenkova (2013, Small Station Press)

Ensaio Modesta proposición e outros ensaios (2011, Xerais)Cadernos persoais (2021). Chan da Pólvora, Colección Cova da Lontra. Segundo a editora: "é un conxunto de cadernos inéditos que nos descobren novas perspectivas do seu proceso creativo e nos devolven a atmosfera fascinante dun poeta que atopou nas ondulacións da mente a palabra exacta da poesía". A edición e as notas son da autoría de Héctor Cajaraville

Diarios Conversa ultramarina (2010, Edicións Positivas)

Narrativa Náufragos do paradiso (2011, Editorial Galaxia)

Obras colectivas De amor e desamor, volumes I e II (1984, 1985, Ediciós do Castro) Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Ediciós do Castro) Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram) Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Lois Pereiro Boletín da Real Academia Galega n.º 372 (2011). Calvo, J.L., Gegúndez, C.: O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro. Toxosoutos, 2011. ISBN 978-84-92792-80-1. Calveiro, M.: Lois Pereiro: náufrago do paraíso. Biografía e Antoloxía. Edicións Xerais de Galicia, 2011. Fernández Serrano, J.: Lois Pereiro. Breve encontro. Xerais, 2011. (En castelán, Breve encuentro Ed. Sins entido, 2012) Lopo, A.: A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro. Editorial Galaxia, 2011. Martínez, I.: Lois Pereiro. Vida e obra . Xerais, 2011. Mato, M: Lois Pereiro. Transgresión e fraxilidade. Laiovento, 2011 Patiño, A: Dicionario de sombras. Espiral Maior Edicións 2011 Patiño, A.: Lois Pereiro. Radiografía do abismo. Espiral Maior, 2010. ISBN 978-84-92646-43-2. Queixas, M.: Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo. Laiovento, 2011. Regueira, M.: Lois Pereiro. Unha persecución. 2.0 editora, 2011. Souto, X., Braxe, L., Pereiro, X.M.: Lois Pereiro. Fotobiografía sonora. Ouvirmos, 2010.

Outros artigos Lois Pereiro. Breve encontro Ligazóns externas Sitio web de Lois Pereiro Blogaliza. Biografía na páxina web da Real Academia Galega na Biblioteca Virtual Galega. Daniel Salgado (29/10/2007). "La poesía bisturí de Lois Pereiro" El País''. "Lois Pereiro, homenaxe a unha vida e a unha obra" Consellería de Cultura e Turismo.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Artigos destacados sobre Galicia Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 1996