SVG (do inglés Scalable Vector Graphics, "Gráficos Vectoriais Escalábeis") é unha linguaxe XML que describe gráficos vectoriais bidimensionais, tanto estáticos como animados. Unha das características principais dos gráficos vectoriais é que non perden calidade ao seren ampliados. A grande diferenza entre o SVG e outros formatos vectoriais é que se trata dun estándar aberto creado polo Consorcio da Rede Mundial.

A creación deste formato baseouse noutros xa existentes e que inclúen CSS, DOM, JPEG, PNG, SMIL e XML.

Descrición O formato SVG permite tres tipos de obxectos gráficos: Formas xeométricas vectoriais (isto é, liñas e curvas descritas matematicamente, ao contrario das imaxes de mapas de bits, que están compostas por píxeles. Imaxes de mapas de bits. Texto

As imaxes en formato SVG poden ser comprimidas en gzip sen perda de datos, dado que o XML contén moitos datos redundantes, sendo mesmo así que o formato SVG é habitualmente menor que a versión en mapa de bits.miniatura|A imaxe ilustra a diferente entre as imaxes de mapa de bits e as vectoriais. A imaxe vectorial pódese aumentar indefinidamente sen perda de calidade, mentres que a de bits non.|centro

Programas para editar gráficos SVG

Inkscape, software libre Xara, software libre Adobe Illustrator Corel Draw

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial do grupo de traballo do W3C

Categoría:Formatos de ficheiro