Clannad é unha banda de rock celtic irlandesa formada en 1970 en Gaoth Dobhair, no condado de Donegal (Dún na n'Gall). Os compoñentes da banda foron Máire Ní Bhraonáin (coñecida dende 2002 como Moya Brennan), os seus irmáns Ciarán O'Braonáin, Pól O'Braonáin, e os seus dous tíos Noel e Pádraig O'Dugáin. Tamén formou parte da banda, entre 1979-1982, Eithne Ní Bhraonáin (Enya Brennan), irmá de Moya, Pól e Ciarán.

En 1999, a banda gañou o Grammy ao mellor Álbum de música New Age (Landmarks) e as súas cifras de vendas superaron os 15 millóns de discos.

O 9 de agosto de 2016, aos 67 anos, faleceu Pádraig O'Dugáin na cidade de Dublin.

En 2019, Clannad comezou a súa xira de despedida In a Lifetime pero, en marzo de 2020, foi posposta por mor da pandemia da COVID-19 e se publicou un novo álbum recompilarorio titulado In a Lifetime que incluía dous temas novos.

Discografía 1973 - Clannad 1975 - Clannad 2 1976 - Dúlamán 1979 - Clannad In Concert [Beo] 1980 - Crann Úll 1982 - Fuaim 1983 - Magical Ring 1984 - Legend 1985 - Macalla 1987 - Sirius 1988 - Atlantic Realm [Fuaimriain] 1989 - Past Present 1989 - The Angel and the Soldier Boy [Fuaimriain] 1990 - Anam 1993 - Banba 1996 - Lore 1997 - Landmarks 1998 - An Díolaim 2003 - The Best Of Clannad: In A Lifetime 2005 - Clannad: Live In Concert, 1996

Notas

Véxase tamén

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de Irlanda Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello