Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas áreas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833, aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza e non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, malia que a Fala de Estremadura é, segundo algúns estudos, unha póla separada do tronco galego-portugués.
Estas falas, situadas ao oriente da Galiza administrativa, tamén reciben outros nomes como galego estremeiro ou galego da faixa exterior.
Organízanse xeograficamente en:
Terra Eo-Navia (Principado de Asturias), arredor de 40.000 persoas O Bierzo baixo (provincia de León) arredor de 30.000 a 35.000 persoas As Portelas (provincia de Zamora), arredor de 1.000 persoas Val de Xálima (provincia de Cáceres), arredor de 4.500 persoas
Véxase tamén
Bibliografía Adán Rodríguez, Rafael e Barreiro, Moisés (2006) "O Bierzo hoxe: O galego na encrucillada" pp. 52-61, n.º 169 Grial. . Adán Rodríguez, Rafael (2009) "A lingua galega no Bierzo hoxe" pp. 92-97, n.º 183 Grial. . Frías Conde, Xavier () "Aproximación ao galego exterior" Vieiros.
Outros artigos Concellos galegofalantes de Asturias, Castela e León e Estremadura Galego de Asturias Galicia estremeira Áreas lingüísticas do galego
Categoría:Áreas galegofalantes Categoría:Asturias Categoría:Provincia de León Categoría:Provincia de Zamora Categoría:Provincia de Cáceres Categoría:O Bierzo