Antón Mouzo Lavandeira, nado en Vimianzo o 14 de maio de 1957 e finado o 5 de xullo de 2007, foi un pintor galego.

Traxectoria A pintura de Antón Mouzo comezou a empregar cores e formas expresionistas nas súas primeiras teas realizadas con acrílicos. Na década dos oitenta comezou a empregar diferentes materiais en obras de paisaxes e animais, especialmente cabalos. na década dos noventa comeza a empregar as ceras, material co que conseguiría as súas creacións máis rechamantes.

Aos poucos, o cambio de procedemento leva tamén o artista a un troco de formato, o que deu lugar a pezas de maior tamaño e que interviñan no espazo. Tamén é nesta mudanza cando comeza a empregar nas súas composicións pequenas escamas brillantes de mica, extraídas dos penedos da Pasarela, en Vimianzo.

Exposicións e obras En 1990 estivo presente na mostra Revisión dunha década (Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela) . En 1994, unha exposición individual na galería Atlántica. Na colectiva Diálogos co silencio, en San Domingos de Bonaval. Na individual Cos pés na terra (Casa da Parra de Santiago)

Ilustrou tamén unha edición do libro Costa da Morte blues, de Manuel Rivas e colaborou no filme Fisterra de Xavier Villaverde.

Vida Viviu boa parte da súa vida fóra de Galiza. Faleceu a causa dun linfoma de Burkitt.

Véxase tamén Ligazóns externas web sobre Antón Mouzo

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes