miniatura|Grupo de nenos palestinos en Yenín. Neno, desde o punto de vista do seu desenvolvemento psicobiolóxico, é a denominación atribuída a toda criatura humana que non acadou a puberdade. Como sinónimo de infantil ou pueril, o termo aplícase a quen non é considerado adulto.
En función da súa evolución psicoafectiva, psicomotriz e cognitiva, ós acabados de nacer e durante a primeira etapa da súa vida, denomínaselles comunmente bebés para distinguilos dos que acadaron unha certa autonomía.
En termos xerais, ou xurídicos, neno é toda persoa menor de idade; neno ou nenaLibro de Estudos Sociais 8º grao editorial Santillana, páx. 65, San Salvador, El Salvador.
Desenvolvemento da infancia miniatura|Recentemente nado. O desenvolvemento da nenez é o estudo dos procesos e os mecanismos que acompañan o crecemento físico e mental dun infante mentres acada a súa madurez.
A pediatría é a rama da medicina referente ó coidado de nenos da infancia ata a adolescencia, e ás veces mesmo de adultos mozos (idades 0-21 anos).
Estas escalas de idades son aproximadas, e poden cambiar entre culturas. A lista seguinte reflicte o concepto do desenvolvemento do neno no século XXI.
Cigoto: dende a concepción até o asentamento no útero. Embrión: durante a embrioxénese, até a oitava semana aproximadamente Feto: última fase, de preparación do nacemento. Neonato (acabado de nacer): durante o primeiro mes fóra da matriz. Lactante (naipelo): mentres mama. Infante (meniño ou bebé): 0 - 1,5 anos aproximadamente Neno (rapaz, pícaro, cativo): 1,5 - 4 anos aproximadamente Nenez media: 5 - 10 anos aproximadamente, idade da escola primaria Prepuberdade: 10 - 11 aproximadamente Preadolescencia: idades 12 - 13 aproximadamente. Adolescencia e puberdade (mozo): 14 - 19 aproximadamente.
Desenvolvemento cognoscitivo miniatura|Nenos na escola Aprender: entender o mundo e coñecer o medio. Música: os nenos motívanse e alégranse con ela. Linguaxe: aprender a falar. Educación: aprender a ler, escribir, colorear etc. Psicoloxía e desenvolvemento: convivir coas demais persoas no seu medio. Arte: espertar novas habilidades. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Adolescencia Día do Neno Dereitos do neno Familia (socioloxía) Fillo Xogo-Xoguete Literatura infantil Nai Maternidade Neno prodixio Orfanato Pai Pedagoxía Pediatría Ligazóns externas http://www.unicef.org (sitio oficial da UNICEF)
Categoría:Desenvolvemento humano