San Xoán de Castromaior é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita coas parroquias de Candia, Goás e Aldixe; e a de Corvelle (no concello de Vilalba).

Pertence ó arciprestado de San Simón e ten 145 habitantes distribuídos en 9 entidades de poboación (2023): A Arnela (2), O Barral (29), Billetes (13), Celme (16), Egoeiras (17), Fontefeal (13), Fraga (6), As Paredes (36) e Roxoa (13), sendo a súa densidade media de 12,15 hab/km2. A superficie da parroquia é de 11,93 km2. Isto supón unha diminución da poboación con respecto a 2014 cando tiña 170 habitantes, sendo 73 homes e 97 mulleres.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.miniatura|Hórreo no Barral.|centro Patrimonio O Pazo da Roxoa consérvase en estado de ruína. Está situado na ladeira dun outeiro que baixa cara ao val, con arborado abundante na leira e arredores. Ten planta rectangular con corpos engadidos na parte posterior. Na fachada principal hai unha porta de arco de medio punto, gran lápida de pedra e 2 escudos con data de 1510; o patín central é de cachotería e 4 columnas de pedra. Fonte de 2 canos con mascaróns, cerca do pazo. Capela na parte traseira. Cruceiro á entrada. Muros de cantería granítica. Cuberta de lousa a catro augas. Igrexa parroquial de San Xoán de Castromaior, situada na aldea do Barral. A Igrexa está emprazada sobor dun antigo castro, construída no século XVI e reformada posteriormente. De planta rectangular, cuberta de lousa a dúas augas. Sancristía acaroada na cabeceira. Fachada coa porta de entrada de arco escarzano, arquivolta en aresta e moldura exterior sinxela; tímpano adlintelado e mochetas con decoración xeométrica; e con espadana dun só van. O muro lateral ten unha frecheira. No interior destaca o retablo maior barroco do século XVIII, dous retablos laterais de traza popular e un arco sepulcral co escudo de Xoán Montenegro, do 1622.

Lugares e parroquias miniatura|centro|Igrexa parroquial de San Xoán. Lugares de Castromaior

Parroquias de Abadín miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abadín

Categoría:Parroquias de Abadín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía