Aberdeen (Obar Dheathain en gaélico escocés, Aiberdeen en escocés) é unha cidade de Escocia, un dos principais portos do Reino Unido e a terceira cidade escocesa por poboación: 212.125 habitantes (2001). Polas súas canteiras de granito coñécese como a cidade do granito.
Historia A primeira referencia que temos é o itinerario da incursión feita por Severo no norte de Escocia no século III, no que Aberdeen recibe o nome de Devana, isto é cidade ás beiras do Deva (ou Dee). Aínda que o lugar non adquirirá importancia ata 1179 cando Guillerme o León concédelle un foro, confirmado posteriormente por David I.
En 1336 Eduardo III de Inglaterra queima a cidade, axiña reconstruída e ampliada, co nome de Nova Aberdeen. Os arquivos municipais son os máis antigos de Escocia, datan de 1398.
Lingua A lingua tradicional da cidade é a lingua escocesa (unha lingua xermánica), aínda que hoxe a lingua máis falada é o inglés. O gaélico escocés é falado por un 0,66% da poboación, á que lle hai que engadir un 0,54% que o entende (2001).
Relixión O 42,4% dos habitantes da cidade non profesa ningunha relixión, o 37,4 % pertence á Igrexa de Escocia, o 5,6% á Igrexa católica, o 7,5% a outras igrexas cristiás e o 0,8% ao islam.
Economía miniatura|300px|Estación de tren de Aberdeen As industrias relacionadas co petróleo e o gas son as maiores fontes de riqueza da cidade.
As tradicionais industrias pesqueiras e agrícolas completan a súa economía.
Universidades 45.000 estudantes realizan os seus estudos nas tres universidades da cidade: Universidade de Aberdeen, Universidade Robert Gordon e o Aberdeen College.
Cidades irmás Aberdeen está irmandada con: Ratisbona Clermont-Ferrand Stavanger Homyel Bulawayo Houston
Véxase tamén
Ligazóns externas Información turística Universidade de Aberdeen Páxina oficial do Aberdeen Football Club
Categoría:Cidades e vilas de Escocia