Júlio Pereira é un músico e compositor portugués. Os seus coñecementos en musicoloxía, así como os traballos de recuperación, centran a súa carreira no emprego de instrumentos tradicionais portugueses, como poden ser o cavaquinho, o bandolín e a viola braguesa.

Inicia a súa andaina no eido do rock, mais axiña se ve gañado pola influencia dos cantores de abril, e pasa a investigar sobre música tradicional portuguesa. Ao longo da súa traxectoria profesional ten colaborado en múltiples ocasións cos seus compañeiros de xeración, especialmente con José Afonso, con quen chegou a ter unha relación moi estreita. Tamén ten colaborado con outros músicos do seu país, como o fadista Carlos do Carmo, e con figuras internacionais do talle de Kepa Junkera, The Chieftains ou Pete Seeger.

Discografía Marasmo (EP con Petrus Castrus, 1971) Tudo Isto, Tudo Mais (EP con Petrus Castrus, 1972) Mestre (con Petrus Castrus, 1973) Acid Nightmare (sinxelo con Xarhanga, 1973) Great Goat (sinxelo con Xarhanga, 1973) Bota-Fora (con c/ Carlos Cavalheiro, 1975) Fernandinho Vai ó Vinho (1976) Lisboémia (1978) Mãos de Fada (1979) Cavaquinho (1981) Braguesa (1983) Cadói (1984) Os Sete Instrumentos (1986) Miradouro (1988) Janelas Verdes (1990) O Melhor de Júlio Pereira (1990) O Meu Bandolim (1992) Acústico (1994) Lau Eskutara (1995) Rituais (2001) Faz-de-Conta (2003) Geografias (2007)

Ligazóns externas www.juliopereira.pt Álbum Faz-de-Conta | e-card Páxina de Júlio Pereira no MySpace Júlio Pereira en Diálogos 3 de Radio 3 (RNE) o 8 de maio de 2008

Pereira Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1953