O gazpacho ou gaspacho é unha sopa fría elaborada con ingredientes en cru, tradicional do sur da Península Ibérica. En lingua galega designa ademais un guiso con patacas e chícharos ou un asado lixeiro, tamén coa variante caspacho.
O 21 de xullo celébrase o Día Mundial do Gazpacho.
Sopa fría miniatura|200px|esquerda|Ingredientes para unha variedade de gazpacho.Desde tempos moi antigos era unha versión fría das sopas de allo, é dicir que ten como ingredientes básicos pan, auga, aceite de oliva, allo, cogombro e sal, ás veces sós, coma no gazpacho estremeño, e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo ovo cocido (así é no gazpacho cordobés).
Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as améndoas na variante chamada ajoblanco de Andalucía oriental (Granada e Málaga); noutros casos, laranxas amargas coma en Sevilla ou a fariña de fabas secas. Á hora de servir poden poñerse por enriba uns anacos pequenos de alimento, tropezones, que no caso do ajoblanco tradicionalmente son uvas.
Terminoloxía
Etimoloxía Unha das explicacións etimolóxicas da palabra gazpacho e caspacho, forma máis común no Alentexo e no Algarve, derivaría do mozárabe caspos, procedente á súa vez da voz prerromana caspa, co significado de 'anaco pequeno' ou 'fragmento'. Esta hipótese explicaría o nome pola presenza de anacos de pan nas preparacións antigas deste tipo.
As primeiras definicións históricas do castelán describen o gazpacho non tanto como a sopa fría de tomate hoxe máis coñecida, senón como unha preparación popular a base de pan, aceite, vinagre e outros ingredientes. O Tesoro de la lengua castellana o española de Covarrubias, publicado en 1611, recolle a forma en plural, gazpachos, e relaciónaa con migas ou anacos de pan. Máis tarde, o Diccionario de autoridades definiuno como unha sopa ou minestra feita normalmente con pan en anacos, aceite, vinagre, allo e outros ingredientes segundo o gusto. En todo caso, a etimoloxía exacta segue a ser incerta e foron propostas explicacións diversas.
Formas galegas En galego documéntanse varias formas. Con todo, a palabra non aparece no DRAG, e segundo a Real Academia Galega “As palabras que aluden a realidades culturais que non temos de noso, como o gazpacho ou o salmorejo, e que tampouco teñen unha forma adaptada á nosa lingua, propoñemos mantelas na lingua orixinal indicando dalgún xeito que son voces foráneas, por exemplo usando a cursiva”.
Tamén se rexistra en galego a forma gaspacho con significados locais non coincidentes exactamente co gazpacho andaluz ou do sur de Portugal. A forma dialectal ghaspacho é recollida no vocabulario de Arcade e Soutomaior publicado en Da Cerná co significado de 'mestura sen xeito de cousas, sobre todo de alimentos' e ghaspachada, definida como 'unha mestura sen xeito de cousas, especialmente de alimentos'. De xeito similar, con gheada e seseo, gaspacho aparece no Dicionario de ausencias, dedicado ao léxico da Arousa, como un guiso de tradición local elaborado con chícharos, patacas e ovos.
A forma gazpacho aparece en galego en textos gastronómicos actuais, ás veces en convivencia coa forma gaspacho, con variantes como "gazpacho de amorodos" e tamén a forma portuguesa "gaspacho de morango".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Gastronomía de Andalucía Gastronomía de Portugal Gastronomía de Galiza
Categoría:Gastronomía de España Categoría:Pratos de verduras Categoría:Pratos de pan Categoría:Gastronomía de Andalucía Categoría:Gastronomía de Portugal Categoría:Gastronomía de Galicia