Por prensa gratuíta ou, máis propiamente, prensa de distribución gratuíta, enténdese a distribución de xornais ou similares ó público sen custo para este.
O financiamento destes medios provén 100% da publicidade e a súa distribución efectúase en puntos de alta circulación de persoas coma estacións ou medios de transporte público (ferrocarrís, metros etc.) ou zonas de alto tránsito peonil.
Os xornais que responden a estas características e que se reparten en España son
Qué!. Ten dúas edicións galegas, Vigo e A Coruña. Metro. Contaba cunha edición única para toda Galicia distribuída na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. 20 minutos. Igual que o diario Qué!, elabora dúas edicións, unha para cada unha as cidades máis poboadas de Galicia que se reparten tamén noutras como Santiago de Compostela. ADN. Este xornal dentro de Galicia distribuíase, coma os anteriores, en Vigo e A Coruña. Dende o 1 de decembro de 2008, cedeu a súa cabeceira a De luns a venres.
A eles hai que incluír, xa exclusivamente para o ámbito galego, o xornal De luns a venres, redactado en galego e distribuído nas sete grandes cidades galegas Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra.