A Corporación Voz de Galicia (anteriormente, Grupo Voz), é o principal grupo galego de medios de comunicación, cunha audiencia diaria que excede o millón de persoas. O primeiro presidente da Corporación Voz e editor honorario de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, faleceu o 28 de agosto do 2024​, nomeando herdeira do grupo de empresas á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre​. Segundo as súas disposicións testamentarias, a Fundación presidida por Lois Blanco Penas (1968, Melide, A Coruña) é a encargada de dar continuidade ao legado empresarial e editorial da Voz. A sucesión completouse en outubro do 2024 cando os órganos de goberno da Corporación Voz de Galicia designaron a Lois Blanco novo presidente do grupo​.

Compoñentes O diario La Voz de Galicia, fundado en 1882,​ constitúe o xerme da Corporación Voz de Galicia. A división de prensa está formada por La Voz de Galicia, terceiro diario de España en audiencia e líder na comunidade galega tanto na súa edición impresa como en liña, e o dixital La Voz de Asturias.​ Na división de radio, a Corporación Voz de Galicia aposta pola proximidade ao oínte a través das emisoras de RadioVoz. Pola súa banda, Voz Audiovisual consolidouse como unha das produtoras máis activas no panorama audiovisual español.

Creada en 1991 dentro da Corporación Voz de Galicia, a empresa de demoscopia Sondaxe analiza a realidade social a través de enquisas, estudos de mercado e demais investigacións sociolóxicas. En 1999 ponse en marcha Canal Voz, unha sociedade de contidos dixitais.

A Corporación Voz de Galicia tamén ten outras empresas de servizos como Distribuidora Galega de Publicacións e Galicia Editorial, a planta de impresión con maior capacidade da comunidade onde se imprime La Voz de Galicia así como outros diarios e produtos editoriais.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre foi constituída o 7 de novembro de 1997 e refundada en 2001 para dar continuidade á propiedade e á liña editorial de La Voz de Galicia e do seu grupo de empresas de comunicación. Segundo recollen os seus estatutos, o seu obxectivo é “fomentar o coñecemento e difusión da cultura, especialmente a través dos medios de comunicación en calquera dos seus soportes, e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia”.

Notas

Véxase tamén Outros artigos La Voz de Galicia Lois Blanco Voz Audiovisual Ligazóns externas Páxina web da Corporación Voz de Galicia

Categoría:Grupo Voz