O Y (i grego) é unha letra do alfabeto latino coñecida como I graeca e que ten a súa orixe na letra ípsilon do alfabeto grego, utilizábase para transcribir palabras de orixe grega.

Utilización en lingua galega En galego utilizouse na época medievalPalabras que empezan por Y en galego medieval. Dicionario de dicionarios do galego medieval, usouse no Rexurdimento, aínda que houbo voces que avogaban pola súa completa supresión, como Marcial Valladares pero ao longo do século XIX e principios do XX mantívose a inseguridade ortográfica alternando y e i ata a publicación polo Seminario de Estudos Galegos en 1933 do folleto Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego que establecía o uso exclusivo de i para o fonema /i/, criterio que secundou máis tarde a editorial Galaxia. As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego non o inclúe entre as letras propias do alfabeto galego pero si como un signo recoñecido usado en palabras tomadas doutras linguas.

Usos En química, é o símbolo do elemento químico itrio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Entradas da enciclopedia que comezan por Y Cromosoma Y

Categoría:Grafémica