Antón Cortizas Amado, nado no barrio de Canido (Ferrol) o 16 de outubro de 1954, é un mestre e escritor de literatura infantil en lingua galega.

Obra Literatura infanto-xuvenil O coleccionista de sombras , 1987. Teatro Memorias dun río, 1988, S. M. Edición en Sotelo Blanco no 2001. O coleccionista de sombras, 1990, Sotelo Blanco. Teatro. Xiganano, onde estás?, 1990, S. M. Narrativa. Foi traducido ao castelán e ao catalán. O conto dos sete medos, 1992, S. M. Narrativa. O lapis de Rosalía, 1992, narración. O lapis de Rosalía non escribe as frases retóricas que vai ditando unha mestra autoritaria, senón frases imaxinativas e poéticas. Foi traducido ao castelán, ao éuscaro, ao italiano, ao grego e ao catalán. A bruxa sen curuxa, 1993, S. M. Narrativa. Foi traducida ao catalán en 1996. O caso das chaves desaparecidas, 1993, Edelvives. Narrativa. Un dragón no camiño, 1994, Xunta de Galicia. Teatro de monicreques. O incríbel invento de Solfis, a pianista, 1994, Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós. Teatro. O merlo de ferro, 1995, S. M. Narrativa. Historias, e algún contratempo, todas ditas en romance, 1996, Galaxia. Narración en verso. O ladrón de ar, 1996, Casals. Teatro (orixinal de 1988). Leonel, 1996, Xerais, Colección Fóra de Xogo. Novela xuvenil. Contos de vento e de nunca acabar, Galaxia, 1999. Narrativa. Os gritos das Illas Lobeiras, 2000, S. M. Narrativa. ¡Cázame ese pensamento!, 2001, Ir Indo. Teatro. Dominicus, o dragón, 2001, Edelvives. Hai versión en castelán. O lapis de Rosalía, 2001, S. M. Narrativa. A merla de trapo, 2001, Xerais. Narrativa. Onde o sol non adormece, 2003, Xerais. Narrativa. Era unha vez na quimbamba, 2006, Tambre. Poesía. Os amores de Bruno, 2008, Planeta-Oxford. Narrativa. Sopra neste furadiño, 2008, Edicións Embora. Narrativa. Foi traducida ao castelán. Vestida coa arco da vella, 2008, Edicións Embora. Narrativa. Foi traducida ao castelán. Vaia tropa!, 2011, Xerais. Poesía. O merlo de ferro, 2013, Xerais. Narrativa. O lapis de Rosalía, 2015, Xerais. Narrativa. Anatomía da lingua (Lingua de amar, lingua de amor), 2017, ilustrado por Leandro Lamas. Poesía. Os gritos das illas Lobeiras (2019). Xerais. Sopa de Libros. Ilustrado por Leandro Lamas. 264 páxs. ISBN 978-84-9121-544-8. ePub: ISBN 978-84-9121-558-5. Adiviña esta adiviña (2021). Galaxia, Árbore. 228 páxs. ISBN 978-84-9151-606-4. Os dez animais (2022). Galaxia. 24 páxs. ISBN 978-84-9151-911-9. Ilustracións de Lidia Nokonoko. Quéresme adiviñar? (2023). Vigo: Galaxia. 224 páxs. ISBN 978-84-1176-031-7.

Ensaio Chirlosmirlos (Enciclopedia dos xogos populares), 2001, Xerais. Ao pé da Laxa da Moa, 2010, Xerais. Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, 2013, Xerais.

Teatro Romance de Bernal o francés, 1994, Xunta de Galicia. Xogando con gatos, 2015, Xerais.

Obras colectivas Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Avións de papel en Contos de circo, cronopios e avións, 2005, Xunta de Galicia. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.

Premios Premio Teatro Infantil Xeración Nós no 1987, por O coleccionista de sombras. Premio O Barco de Vapor no 1988, por Memorias dun río. Premio Teatro Infantil Xeración Nós no 1990, por O incríbel invento de Solfis a pianista. Premio O Barco de Vapor no 1991, por O conto dos sete medos. Accésit do Premio de Teatro profesional Xacobeo no 1993, por Romance de Bernal o francés. Premio O Barco de Vapor no 1995, por Os gritos das Illas Lobeiras. Premio Merlín no 2001, por A merla de trapo. Mención no VII Premio Arume de Poesía para nenos no 2013, por Cando as follas voan. Premio Antón Losada Diéguez de Investigación no 2014, por Tastarabás. VIII Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2014, por Xogando con gatos. Premio de teatro na I Gala do Libro Galego en 2016, por Xogando con gatos.

Premio Arume en 2022, por "Os versos da mariola".Antón Cortizas gaña o Arume de Poesía con ‘Os versos da mariola’ Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Nados en 1954 Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia