O 6 de xullo é o 187º día do ano do calendario gregoriano e o 188º nos anos bisestos. Quedan 178 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1484 - Diogo Cão chega á desembocadura do río Congo. 1885 - Louis Pasteur proba con éxito a súa vacina contra a rabia con Joseph Meister, neno que fora mordido por un can rabioso. 1923 - Lenin é nomeado presidente da Unión Soviética. 1937 - Comeza a batalla de Brunete. 1942 - A familia de Anne Frank múdase ao seu agocho. 1957 - Althea Gibson convértese na primeira deportista negra que gaña o Campionato de Wimbledon. 1967 - O exército nixeriano invade Biafra, comezando a guerra civil nixeriana. 1975 - As Illas Comores independízanse de Francia.
Nacementos miniatura|100px|Bill Haley. 1864 - Alberto Nepomuceno, compositor brasileiro (m. 1920). 1882 - Arturo Salgado Biempica, avogado e político galego (m. 1937). 1886 - Juan Carlos Alonso, caricaturista, pintor e xornalista galego (m. 1945). 1887 - Niceto Alcalá-Zamora, político español (m. 1949). 1907 - Frida Kahlo, pintora e poetisa mexicana. (m. 1954) 1925 - Bill Haley, músico de rock and roll (m. 1981). 1928 - Miguel Fernández Refojo, químico galego (m. 2016). 1933 - José Luis Meilán Gil, xurista e político galego. 1935 - Dalai Lama, líder espiritual do Tíbet. 1941 - David Crystal, lingüista británico. 1946 - Sylvester Stallone, actor estadounidense. 1946 - George W. Bush, 43º presidente dos Estados Unidos. 1950 - Xosé María Álvarez Cáccamo, escritor galego. 1952 - Ann Tsukamoto, científica e inventora 1958 - Arnaldo Otegi, político vasco. 1964 - Goretti Sanmartín Rei, escritora galega. 1974 - Estíbaliz Espinosa, escritora galega. 1989 - Hugo García Lagoas, futbolista galego.
Mortes miniatura|100px|Guy de Maupassant. 1535 - Thomas More, autor humanista inglés (n. 1478). 1881 - Alejandro de Castro Casal, político e diplomático galego (n. 1812). 1893 - Guy de Maupassant, escritor francés (n. 1850). 1920 - Vicente Carnota Pérez, sacerdote e xornalista galego (n. 1855). 1952 - Maryse Bastié, aviadora francesa (n. 1898). 1962 - William Faulkner, escritor estadounidense (n. 1897). 1971 - Louis Armstrong, músico de jazz estadounidense (n. 1901). 2005 - Claude Simon, escritor francés (n. 1913). 2005 - Antón Patiño Regueira, libreiro republicano e galeguista (n. 1919).
Festas e celebracións Día Mundial das Zoonoses, en lembranza a que tal día como hoxe, de 1885, Louis Pasteur aplicou con éxito a vacina antirrábica. Día da Independencia, nas Illas Comores e Malawi. Día Internacional do Beixo Roubado.
Outros Santoral: Santos Isaías, Maria Goretti, Rómulo.
Notas
Os 366 días do ano
06